Saltar navegación

Léxico do campo da relixión e a maxia

Etimoloxías gregas do galego

Liturxia - Ven de λειτουργία "servizo público, servizo relixioso". A liturxia é o conxunto de ritos e cerimonias dunha relixión.

Bautizar - Procedente do verbo grego βαπτίζω "mergullar, submerxir". O bautismo é o sacramento cristián de submerxir a un neno ou adulto na auga para introducilo na Igrexa.

Profeta - Así mesmo, do grego προφήτης "intérprete, portavoz dun deus". O profeta é a persoa que anuncia o que está por vir en nome da divindade.

Apóstolo - Do grego ἀπόστολος "enviado, misión". Os apóstolos foron os primeiros propagadores do cristianismo.

Evanxelio - Do grego εὐαγγέλιον "boa nova". Os evanxeos son os catro libros sobre a vida e doutrina de Xesús.

Presbítero - Do grego πρέσβυς, ancián, co sufixo de comparativo, "máis ancián". Actualmente designa nun cargo relixioso

Necromante - A partires dos vocabulos gregos νεκρόs e μαντεία "adiviñación polos mortos". O necromante pretende predicir o futuro mediante a invocación e consulta aos mortos.

Taumaturgo - Do grego θαυματουργός "obrador de milagres". O taumaturgo é aquel que fai prodixios ou milagres por poder divino.

Icono - Do vocábulo grego εἰκών "imaxe, retrato". O icono é unha imaxe pictórica de tema relixioso.

Quiromancia - De χείρ "man" e μαντεία "adiviñación". A quiromancia predicir o futuro a partir das liñas e signos da man.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)