Saltar navegación

Guía de lectura

Guía didáctica: Creso e Delfos

A través desta lectura, buscamos afondar no relato de Herodoto sobre Creso, rei de Lida, e a súa consulta ao oráculo de Delfos. Este relato nos achega ao entendemento do mundo antigo e as súas crenzas relixiosas, e tamén nos permite reflexionar sobre temas como o destino, a hybris (exceso de orgullo ou soberbia) e a importancia da interpretación nas comunicacións.
 
Contexto histórico
- Época: Século VI a.C.
- Localización: Lidia (na actual Turquía) e Delfos (Grecia).
- Protagonista: Creso, último rei de Lidia, famoso pola súa riqueza.
- Evento central: Consulta ao oráculo de Delfos e a subseguinte guerra contra Persia.
Na antigüidade, Lidia era un reino poderoso e próspero, gobernado por Creso. Este monarca, famoso pola súa riqueza, enfrentouse á incerteza sobre o futuro do seu reino e buscou consello no oráculo de Delfos, un dos centros espirituais máis importantes da Grecia antiga. Este relato é unha testemuña das crenzas e prácticas relixiosas da época, así como da influencia dos oráculos nas decisións políticas e persoais.
 
Resumo do texto
Creso, coñecido pola súa inmensa riqueza, busca asegurar a perpetuidade do seu reino e consulta ao oráculo de Delfos. O oráculo, cunha resposta ambigua, predí que se Creso atacase a Persia, destruiría un gran imperio. Creso, interpretando erradamente a profecía, lánzase á guerra, resultando na súa derrota e na caída do seu propio imperio. Este erro levaríao á ruína, ilustrando a complexidade da comunicación divina e as consecuencias da hybris.
 

Discusión dirixida

Duración:
20´
Agrupamento:
Toda a clase ou en grupos pequenos


Temas para a discusión:


  1. Que papel xogan os oráculos e a relixión nas decisións dos líderes antigos?
  2. Como pode a hybris ou o exceso de confianza influír nas interpretacións e decisións das persoas?

Reflexión persoal e análise crítica

Reflexiona sobre unha situación na historia moderna ou contemporánea onde un líder tomou unha decisión baseada nunha interpretación errónea ou información incompleta (por exemplo, a guerra de Irak pola información sobre a existencia de armas de destrucción masiva). Compara esta situación coa historia de Creso.

Formato: Un parágrafo escrito ou unha presentación breve.
 
Pregunta 1: Como inflúen as nosas crenzas e percepcións nas decisións importantes da nosa vida?
Pregunta 2: Hai situacións na túa vida onde unha interpretación errónea levou a resultados inesperados?
 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)