Saltar navegación

Léxico derivado do campo da literatura e retórica

Derivados galegos do campo literario

Teatro - Ven de θέατρον "lugar para ver". O teatro refírese á arte de representar obras diante dun público, combinando elementos como o texto, a actuación, o son e o escenario para explorar e comunicar experiencias humanas.

Metáfora - Proven de μεταφορά "transferencia". A metáfora é unha figura retórica que consiste en identificar un termo real con outro imaxinario entre os cales existe unha relación de semellanza, para darlle un novo sentido ao primeiro.

Traxedia - Do grego τραγῳδία, derivado de τράγος "cabra" e ᾠδή "canto". A traxedia é un xénero dramático que presenta conflitos profundos e personaxes enfrontados a destinos adversos, provocando catarse nos espectadores.

Epopea - Do grego ἐποποιία, de ἔπος "palabra, narración" e ποιέω "facer, crear". A epopea é un xénero literario que narra as proezas de heroes ou os grandes feitos históricos ou míticos dun pobo, xeralmente en verso.

Ditirambo - Do vocábulo διθύραμβος. Orixe do xénero lírico, inicialmente un canto coral en honra a Dioniso, que evolucionou ata converterse nunha composición poética entusiasta ou apaixonada.

Épica - Do grego ἔπος, que significa "palabra, historia, poema". A épica é un xénero literario que narra as grandes xestas e aventuras de heroes míticos ou históricos, destacando pola súa amplitude e profundidade temática.

Lírica - Provén de λυρικός, relativo á lira, un instrumento musical empregado na antigüidade para acompañar a recitación de poemas. A lírica é un xénero poético que expresa sentimentos e pensamentos persoais, a miúdo con gran intensidade emocional.

Drama - Ven de de δρᾶμα, que significa "acción". O drama é un xénero literario e teatral que representa conflitos e emocións humanas a través do diálogo e a acción dos personaxes, buscando xerar un impacto emocional no público.

Catarse - Do grego κάθαρσις, que significa "purificación, limpeza". Na teoría literaria, a catarse refírese á liberación ou purificación emocional que experimentan os espectadores ao final dunha obra tráxica.

Parodia - Do grego παρῳδία, "canto composto ao lado ou en contra". A parodia é unha imitación humorística que exaxera ou distorsiona os elementos característicos dunha obra, xénero ou autor, co fin de criticar ou entreter.

Alegoría - A partir de ἀλληγορία, que significa "falar doutro xeito". A alegoría é unha figura retórica que emprega personaxes, eventos ou elementos simbólicos para representar ideas e conceptos abstractos, ofrecendo unha interpretación máis profunda.

Anáfora - Provén de ἀναφορά, que significa "referencia, traer de volta". Na poesía e prosa, a anáfora é unha figura retórica que consiste na repetición intencional de palabras ao comezo de frases ou versos consecutivos para enfatizar unha idea ou emoción.

Prosopopea - Do grego προσωποποιία , "creación de personaxes". A prosopopea é unha figura literaria que atribúe características humanas a animais, obxectos inanimados ou conceptos abstractos, permitíndolles falar ou actuar como seres humanos.

Antítese - Do grego ἀντίθεσις, que significa "oposición, contraste". A antítese é unha figura retórica que xuxtapón ideas ou expresións contrastantes dentro dunha mesma frase ou proximidade, para destacar a súa diferenza ou crear un efecto dramático.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)