Ágora : O ἀγορά era o centro da actividade comercial e social nas cidades-estado gregas, especialmente en Atenas. Un lugar onde os cidadáns se reunían non só para mercar e vender bens, senón tamén para socializar e discutir asuntos públicos.
Meteco: En Atenas, os metecos eran residentes estranxeiros que vivían na cidade pero non tiñan os plenos dereitos de cidadanía. A palabra séguese a usar para designar ós extranxeiros que residen permanentemente nun lugar.
Gimnasio: Aparte de seren un lugar para o exercicio físico, tamén servían como centros para o debate filosófico e a aprendizaxe. Ven da palabra grega γυμνάσιον.
Efebo: Refírese a un mozo que alcanzou a idade da efébia, un período de adestramento militar e educación cívica en Atenas. Hoxe aplícase o termo a mozos cuxa beleza chama a atención.
Hetera: As ἑταίραi eran mulleres educadas na Grecia antiga que acompañaban aos homes en banquetes e outros eventos sociais, ofrecendo conversa e compañía.
Simposio: Un συμπόσιον era un banquete social en Atenas onde os homes se reunían para beber, comer e disfrutar de conversas e entretemento. Hoxe ten un uso máis específico, como reunión onde se discute un tema concreto.
Fratría: Unha φρατρία consistía nunha subdivisión da sociedade ateniense que agrupaba a varios clans ou familias, con funcións relixiosas e sociais. Na actualidade emprégrase como sinónimo de hermandade ou cofradía; ou como termo científico en bioloxía indicando os fillos dunha mesma parella.
Críptico: Da mesma raíz que κρυπτεία, unha institución espartana na que os mozos espartanos eran enviados fóra das comunidades para espiar e manter o control sobre os helotas e posibles revoltas. Relaciónanse co verbo κρύπτω, "ocultar". De ahí palabras como encriptar, ocultar datos mediante un código ou cripta, lugar subrterráneo para enterramento.