Etimoloxías gregas
Cada termo que empregamos para describir os nosos sistemas de goberno, a nosa economía e a nosa sociedade, leva consigo séculos de historia e evolución. Hoxe, tentaremos descubrir a orixe grega de moitos destes conceptos.
Anarquía - Ausencia de goberno. O termo provén do grego ἀναρχία , formado por ἀν- , que significa 'sen', e ἀρχή , que significa 'autoridade' ou 'goberno'.
Monarquía - Goberno dun só gobernante, xeralmente un rei ou raíña. Orixinario do grego μοναρχία, de μόνος , 'único', e ἀρχή, 'goberno'.
Autocracia - Goberno onde unha soa persoa ten o poder absoluto. Deriva do grego αὐτοκρατία, composto por αὐτός, 'un mesmo', e κρατία , 'poder'.
Democracia - Sistema de goberno no que o poder reside no pobo. Vén do grego δημοκρατία , de δῆμος, 'pobo', e κρατία, 'poder'.
Economía - Administración dos recursos. O termo grego é οἰκονομία, de οἶκος, 'casa', e νόμος 'lei' ou 'costume'.
Metrópole - Cidade principal. O termo grego é Μητρόπολις, de μήτηρ , 'nai', e πόλις, 'cidade'.
Oligarquía - Forma de goberno onde o poder está en mans de poucas persoas. Do grego ὀλιγαρχία, de ὀλίγος , 'poucos', e ἀρχή, 'goberno'.
Patriarca - Persoa que goberna unha familia ou comunidade. Vén do grego πατριάρχης , de πατριά (patria), 'familia', e ἀρχή, 'goberno'.
Política - Ciencia e arte de gobernar na sociedade. Deriva do grego πολιτικά, que significa 'asuntos da cidade', de πόλις, 'cidade'.
Tiranía - Goberno exercido por un tirano, caracterizado pola ausencia de legalidade ou abuso de autoridade. O termo grego é τυραννία.
Paleolítico - Período máis antigo da prehistoria. Procede do grego παλαιός, 'vello', e λίθος, 'pedra'.
Neolítico - Período da prehistoria no que se desenvolve a agricultura e novas técnicas de fabricación de ferramentas. Vén do grego νέος (neos), 'novo', e λίθος (lithos), 'pedra'.