O espíritu das palabras (I)

Helenismos do campo da xeografía e das letras

Ocultar

Mapa do mundo según Hecateo (VI-V a.C.)
Mapa do mundo según Hecateo (VI-V a.C.) (CC0)



1.  Xeografía

Procede das palabras gregas γῆ (terra) e γράφω (describir). A xeografía é o estudo e a descrición da Terra, incluíndo as súas características físicas, políticas e culturais. A través da xeografía, podemos comprender mellor os espazos do mundo no que vivimos.

2. Topografía

A palabra topografía tamén ten as súas raíces no grego antigo. Procede de τόπος (lugar) e γράφω (describir)). A topografía ocúpase da descrición detallada da superficie terrestre, incluíndo a representación gráfica das características naturais e artificiais dun lugar.

3. Orografía

A palabra orografía deriva de ὄρος (montaña) e γράφω (describir). A orografía é o estudo e a representación das montañas na superficie terrestre, incluíndo a súa forma, altura, distribución e relacións con outros elementos da paisaxe.

4. Hidrografía

A hidrografía procede de ὕδωρ (auga) e γράφω (describir). A hidrografía ocúpase do estudo e a descrición das augas superficiais da terra, como ríos, lagos, mares e océanos. Tamén inclúe a análise da súa distribución, movemento, características físicas e relación co entorno.

5. Clima

O termo "clima" deriva do grego κλίμα (inclinación do sol, latitude), e por extensión a meteoroloxía desa latitude.

6. Xeoloxía

Procede das palabras gregas γῆ (terra) e λόγος (estudo, ciencia). Á diferencia da xeografía, a xeoloxía estudia a composición dos materiais terrestres.

7. Xeometría

Ven de γῆ (terra) e μέτρον (medida). A Xeometría consiste no estudio das propiedades e magnitudes das figuras no espacio..

Sopa de letras

Ocultar

2

Busca na sopa de letras os termos xeográficos e xeolóxicos que aparecen no texto.

Número de preguntas: 7

Acertos: 0

Puntuación: 0

Tempo límite (mm:ss): Minimizar:
Pantalla Completa:
Xenial! A pista é:
O xogo xa comezou.
  • 1.- Estudo e a descrición da Terra, incluíndo as súas características físicas, políticas e culturais.
  • 2.- Descrición detallada da superficie terrestre, incluíndo a representación gráfica das características naturais e artificiais dun lugar.
  • 3.- Estudo e a representación das montañas na superficie terrestre, incluíndo a súa forma, altura, distribución e relacións con outros elementos da paisaxe
  • 4.- Estudo e a descrición das augas superficiais da Terra, como ríos, lagos, mares e océanos, e a análise da súa distribución, movemento, características físicas e relación co entorno.
  • 5.- Termo que deriva do grego κλίμα, que significa inclinación do sol, latitude, e por extensión, refírese aos patróns atmosféricos característicos dunha rexión
  • 6.- Ciencia que estuda a composición dos materiais terrestres, a súa historia e os procesos que os formaron.
  • 7.- Rama das matemáticas que consiste no estudo das propiedades e das medidas das figuras no espazo.
Respostar
0123456
O seu navegador non é compatible con esta ferramenta.