Saltar navegación

Léxico grego no galego

Introdución

Árbre da linguaxe
https://www.openculture.com/2015/06/the-tree-of-languages-illustrated-in-a-big-beautiful-infographic.html. The tree of languages (Dominio público)


A Etimoloxía é a rama da Lingüística que indaga nas orixes, na estructura, na evolución e no significado das palabras. No caso particular da etimoloxía grecolatina no galego, o estudo abrangue a estructura, a evolución e o significado das palabras galegas que derivan do grego e do latín, linguas que deixaron unha pegada profunda na formación do noso idioma.

Importancia da etimoloxía grega

A etimoloxía é fundamental como complemento do estudo da nosa lingua e móstrase como a base léxica das ciencias e das humanidades. O estudo desta ciencia axuda a comprender palabras técnicas ou cultas; por exemplo, a palabra grega στόμα (boca) deu lugar a palabras como estomatoloxía (o estudio da boca) ou estomatite (a inflamacion da boca). A etimoloxía convírtese, polo tanto, nunha chave que nos abre significados científicos aparentemente incomprensibles sen a axuda etimolóxica.


AAdemais, establece unha relación entre o galego e outras linguas indoeuropeas. Por exemplo, a palabra "tecnoloxía" provén do grego τέχνη (arte, técnica) e λόγος (estudo), e atopámola en diferentes linguas coa mesma etimoloxía; abonda con comparar co inglés Technology", o francés "technologie", o alemán "Technologie" e o italiano "tecnologia". Outro exemplo é a palabra "democracia", que procede do grego δῆμος (pobo) e "κράτος (goberno), e tamén se atopa en distintos idiomas coa mesma raíz.

Tamén axuda a diferenciar o significado de verbas que aparentemente teñen un sentido moi parecido, como xeografía e xeoloxía, que se diferencian mellor se atendemos á raíz da que proveñen; pois a primeira indica descripción do terreo, mentras a segunda indica un estudio dos seus compoñentes, diferenza que ven dada polos seus últimos formantes, γραφία (descripción) e λόγος (estudo).


Finalmente, e aínda que tamén importante, a etimoloxía favorece e a creación de neoloxismos prácticos. Por exemplo, a palabra "teleférico", para cuxa construción se botou man do grego cando ese aparato foi inventado.

Na sección seguinte, imos ver precisamente derivados galegos de étimos (formas orixinarias) gregos, referidos á xeografía

Feito con eXeLearning (Nova xanela)