Introdución
Este traballo enmárcase no currículo da materia de Grego I (1º Bacharelato), segundo DECRETO 157/2022, de 15 de septiembre, por el que se establecen la ordenación y el currículo de bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia.
Diríxese ao alumnado da materia de opción de Grego I, que se cursa en 1º de bacharelato na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais e ten por obxecto achegar o alumnado materiais didácticos apropiados e suficientes para a consecución dos obxectivos marcados polo currículo citado.
Trabállanse os contidos e competencias claves implicadas, que se corresponden cos catro bloques de indispensable desenvolvemento no nivel de Grego I para a consecucións dos obxectivos marcados: (i) comprensión e interpretación dos textos, (ii) grego e plurilingüismo, (iv) a antiga Grecia e (v) legado e patrimonio.
Destácanse tres eixos fundamentais nos que pivota o proxecto:
1. A ferramenta de aprendizaxe deste proxecto é versátil e pode ser usada en contextos presenciais (Flipped Classroom), virtuais e híbridos. Permite ao alumnado obter coñecementos e capacidades de forma autónoma, abordando a tradución de textos gregos, coñecendo os helenismos, a historia, sociedade e cultura da Grecia Clásica e a súa influencia actual.
2. A promoción do emprego didáctico de ferramentas TIC, as que consideramos como un medio, se non imprescindible, si de gran utilidade para o aprendizaxe na sociedade actual. A longo de todo o ODE, propóñense ás/ós alumnas/os actividades que invitan á creación de contidos por medios TIC.
3. O fomento dun tipo de aprendizaxe cooperativo, activo e situado, no que a/o estudante participa reflexionando, creando e colaborando con outros.