Saltar navegación

Actividades

Investigación 1

Duración:
60'
Agrupamento:
Individualmente ou en grupo

Escolle unha obra literaria grega clásica (por exemplo, a "Ilíada" ou a "Odisea" de Homero) e investiga a súa influencia en dúas obras literarias occidentais de diferentes períodos históricos. Analiza como a obra grega foi reinterpretada en cada contexto.

Investigación 2

Duración:
60'
Agrupamento:
Individualmente ou en grupo

Investiga a recepción da mitoloxía grega na literatura galega: observa, por exemplo que elementos do ciclo troiano foron incorporados á "Crónica Troiana" medieval galega. 

Foro de debate

Duración:
60'
Agrupamento:
O grupo completo

Tema de debate: "A universalidade dos temas gregos na literatura occidental: unha ponte entre culturas".

Participa no foro discutindo como os temas gregos, como o heroísmo, o destino ou o amor, manteñen a súa relevancia en diferentes épocas e culturas, incluída a galega.

Creación de contido

Crea unha presentación multimedia que mostre a influencia da literatura grega en diferentes aspectos da literatura galega, española e europea (por exemplo, temas, motivos mitolóxicos, estructuras narrativas). Inclúe citas textuais, imaxes e comparacións.

Reflexión persoal

  • ¿De que maneira a literatura grega segue sendo relevante na contemporaneidade e na cultura galega?
  • ¿Como contribúen as traducións e adaptacións ao mantemento da vitalidade da literatura grega?
  • ¿Que papel poden xogar elementos gregos, como a mitoloxía ou a tradición grega, na expresión literaria?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)