Saltar navegación

Guía de lectura

Introdución

O Xuramento Hipocrático, atribuído ao pai da medicina, Hipócrates, é un dos textos máis antigos e respectados relacionados coa ética médica. Este xuramento foi, durante séculos, un pilar na formación de médicos e un símbolo dos principios éticos que deben guiar a práctica da medicina. A través do seu estudo, os estudantes de medicina e aqueles interesados na historia da ética poden explorar as orixes e a evolución dos compromisos morais que definen a profesión médica.

No xuramento, reflíctense diversas prácticas, crenzas e valores da medicina antiga, así como o profundo sentido de responsabilidade e respecto cara aos mestres, colegas e pacientes. A súa análise permite entender mellor como os antigos gregos concibían a saúde, a enfermidade, a vida e a morte, e como estes conceptos influíron na medicina contemporánea.

Investigación: Hipócrates e á ética médica

Duración:
60'
Agrupamento:
Individualmente ou en grupo


Os estudantes investigarán sobre Hipócrates e o contexto histórico no que viviu.

Fomentarase o diálogo sobre a ética médica na actualidade, partindo da base do xuramento hipocrático.

Vocabulario clave

Define brevemente os seguintes termos:

Ética médica:

Xuramento:

Praxe:

Panacea:

Epidemia: 

Dietética:

Talla: 

Patóxeno:

Mal de pedra:

Debate en clase

Duración:
50
Agrupamento:
O grupo completo

Que promesas e prohibición contén o xuramento?

Son coherentes cos principios éticos médicos actuais?

É aplicable o Xuramento Hipocrático na medicina moderna, considerando os avances tecnolóxicos e os novos dilemas éticos (aborto, eutanasia, clonación, etc.?

Ensaio crítico


Redacción sobre a importancia do Xuramento Hipocrático e a súa influencia na ética médica contemporánea.

Reflexión final

Entrada no diario coa visión persoal sobre os principios do Xuramento Hipocrático e como poden guiar a práctica profesional da medicina.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)