Pasaporte emocional. Crea o teu propio avatar (gal)
Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Contido interactivo que integra un editor de avatares animados no que o alumnado poderá crear a súa propia representación escollendo trazos físicos, expresións, roupa, accesorios...
A través da representación con avatares poden traballarse aspectos relacionados co benestar emocional e social como o autoconcepto, a autoestima ou o respecto cara as demais persoas.
O contido incorpora, ademais, breves explicacións e curiosidades sobre o concepto de avatar, así como unha batería de actividades complementarias enfocadas a fomentar a creatividade na aula.
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas.
- Creador de avatares.
Número de sesións estimadas: 1 sesión.
Aclaracións:
- Esta versión do contido está en galego, está dispoñible outro recurso coa versión en castelán.
Outras características:
- Gran variedade de deseños para a creación do avatar.
- Deseños diversos e inclusivos.
- Imaxe resultante descargable en formato png.
- Posibilidade de crear e descargar todos os avatares que o alumnado desexe.
Contidos relacionados:
- Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)
- Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (EP)
- Pasaporte emocional. Palestina
- Pasaporte emocional. Ourense
- Pasaporte emocional. Grecia
- Pasaporte emocional. Toronto
- Pasaporte emocional. Diario de viaxe
- Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)