A oca dos corpos xeométricos

Visto: 0 veces
2026-07-04

"A Oca dos Corpos Xeométricos" é un xogo educativo en liña que adapta as regras tradicionais do clásico xogo da oca á aprendizaxe da xeometría. Nel, ata catro xogadores (ou un xogador contra a máquina) compiten nun taboleiro interactivo de 30 casas co obxectivo de chegar á meta. A mecánica inclúe os elementos típicos do xogo clásico, como os saltos de oca en oca, penalizacións polo cárcere ou o pozo, e duelos cando dous participantes coinciden no mesmo recadro.

O cuco - Matemáticas

Visto: 0 veces
2026-06-11

O Cuco – Matemáticas é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

XeaMat

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

ReMates y ReTales

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe toma como fío condutor o ODS 12 (Produción e consumo responsable) aplicado ao ámbito da moda sostible. O alumnado investiga a cadea de produción téxtil, analiza datos de impacto ambiental e aplica conceptos de proporcionalidade, porcentaxes e semellanza para resolver problemas relacionados coa industria da moda.

El tiempo en tu mochila

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida pretende que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques dos sentidos estocástico e socioafectivo do currículo de 2º de ESO mediante a posta en valor do Camiño de Santiago e da estatística, analizando datos de estacións meteorolóxicas de distintos tramos obtidos da web de MeteoGalicia.