O cuco - Ciencias da Natureza

Visto: 0 veces
2026-06-11

O Cuco – Ciencias da Natureza é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

Hidrosfera

Visto: 0 veces
2025-09-17

Unidade didáctica que consta de 8 videoleccións e 6 prácticas de laboratorio, nas que se desenvolve o tema da hidrosfera.

Estas vídeoleccións combinan as explicacions en campo e en laboratorio, con vídeo narrado, animacións e secuencias de actividades de laboratorio. A duración de cada un dos videotitorias está comprendida entre os 3 e os 12 minutos e consta de:

1. Unha estrutura fixa secuenciada seguindo o seguinte esquema:

Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.