O cuco: Os ODS da Axenda 2030

Visto: 0 veces
2026-06-15

O Cuco - ODS (Axenda 2030) é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

Unha viaxe polo mundo: creando un conto musical intercultural

Visto: 0 veces
2026-06-14

    
Este REA é o número 2 - dun total de 4 - elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Música en 2.º ESO.

Ten como finalidade o achegamento á linguaxe musical a través da práctica da música e da danza de diferentes partes do mundo, así como a comprensión das súas características e a valoración da diversidade cultural.

A banda sonora da túa vida

Visto: 0 veces
2026-06-14

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Música de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a historia musical do contorno próximo ao alumnado. Cun enfoque práctico e competencial, o alumnado transpórtase dende os instrumentos da tradición europea e as agrupacións ata o impacto da tecnoloxía, cine e medios de comunicación na música, analizando como a música urbana moldea o mundo que os rodea.