Entre versos, viaxamos!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe está deseñada para que o alumnado coñeza a diversidade lingüística peninsular cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos contidos.
Entre ondas, seguimos mareas
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe ten como fío condutor a lusofonía, e está deseñada para que o alumnado se aproxime á obra de diferentes autoras e autores do mundo lusófono, cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos contidos.
Como mola ese libro, bro!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida pretende poñer en valor a literatura infantil e xuvenil, e achegar o alumnado á diversidade lingüística da Península Ibérica, ao tempo que o aproxima ao mundo editorial cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos contidos.
Conectamos co mundo!
- Read more about Conectamos co mundo!
- 466 views
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Na situación de aprendizaxe proposta, o alumnado profundará nos xéneros discursivos e investigará sobre a Rede, analizando distintos aspectos sobre as redes sociais e, tamén, as posibles estratexias e recomendacións para evitar riscos.
Queres formar parte do mundo televisivo?
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ofrece ao alumando un achegamento á diversidade lingüística do galego, co fin de desterrar prexuízos presentes na nosa lingua. Ademais, no recurso trabállase tamén o xénero teatral mediante a lectura e análise de obras que poden achegarse á lusofonía, tendo en conta a presenza de situacións de desigualdade, discriminación ou hábitos sexistas.
A vida é puro teatro
- Read more about A vida é puro teatro
- 542 views
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Esa situación de aprendizaxe ten como obxectivo principal que o alumnado planifique e realice unha peza teatral. Durante o proceso, poderán coñecer as características do xénero dramático, identificar na obra teatral os seus principais elementos e identificar algúns dos temas e tópicos literarios.
O país dos musicotrasnos
Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)
Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.
Tipo de recursos:
Pasaporte emocional. Diario de viaxe
Materia: Inglés
Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.