¡Nos vamos de viaje!

Visto: 0 veces
2025-08-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe está deseñada para que o alumnado recoñeza a realidade plurilingüe de España como unha fonte de riqueza cultural. Ademais de profundar nas linguas do Estado, o alumnado investigará sobre outras manifestacións artísticas e culturais, especialmente as creacións literarias.

El misterio de las palabras robadas

Visto: 0 veces
2025-08-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a reflexión sobre a lingua, e o seu obxectivo é que o alumnado aprenda dun xeito lúdico a identificar as categorías gramaticais, recoñecer os formantes das palabras, observar as diferenzas entre a lingua oral e a lingua escrita e relacionar os esquemas semántico e sintáctico da oración simple.

¡No nos mires, iguálate!

Visto: 0 veces
2025-08-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe está deseñada para que o alumnado, analizando ás características propias da lingua oral e da lingua escrita, contribúa a facer do centro educativo un lugar máis igualitario a todos os niveis (zonas de xogo e patios inclusivos, roles nas actividades de clase, uso da linguaxe inclusiva, baños públicos máis igualitarios no centro... ).

¡Cuento contigo!

Visto: 0 veces
2025-08-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Nesta situación de aprendizaxe o alumnado colaborará para facer do centro educativo un lugar máis inclusivo e respectuoso coa diversidade. A partir da lectura e da análise de textos literarios de distintos xéneros -narrativo, poético e dramático- crearán novos textos narrativos que os reinterpreten para facelos máis inclusivos.

Un mundo por proteger

Visto: 0 veces
2025-08-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Na situación de aprendizaxe proposta o alumnado adquirirá os coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para elaborar un texto descritivo. O obxectivo é estimular a imaxinación e elaborar distintos tipos de textos descritivos, tanto en función do punto de vista, como en función da temática.

Protege tu intimidad

Visto: 0 veces
2025-08-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Ao longo da situación de aprendizaxe proposta o alumnado aprenderá a coñecer e valorar a súa tradición literaria e a xestionar a información a través da análise crítica das mensaxes aparecidas nos medios de comunicación e nas redes sociais.

Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.  

Pasaporte emocional. Toronto

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade mellorar as competencias sociais fomentando a convivencia a partir dunha viaxe a Toronto. O alumnado deberá xestionar unha serie de situacións empregando a escoita activa e a asertividade.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Pasaporte emocional. Grecia

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a xestionar as emocións propias de xeito que os factores externos non impidan acadar a estabilidade emocional a partir dunha viaxe a Grecia. Para conseguir a autonomía emocional, traballarase na autoimaxe, na autoestima, no autoconcepto e na autoeficacia.

Tipo de recursos: