Análise da calidade da auga con sensor de turbidez e Micro:bit

Visto: 0 veces
2025-12-29

Este proxecto propón construír un sistema que permite analizar a calidade da auga mediante un sensor de turbidez, conectado á placa Micro:bit. A turbidez indica a presenza de partículas en suspensión, e serve como parámetro básico para detectar contaminación ou impurezas. O alumnado observará distintas mostras de auga (auga limpa, da billa, da choiva, dun río, etc.), rexistrará os valores e interpretará os datos para reflexionar sobre a importancia da auga potable e a conservación dos ecosistemas acuáticos.

Podómetro con Micro:bit

Visto: 0 veces
2025-12-29

Neste proxecto, o alumnado deseñará e programará un podómetro electrónico utilizando só a placa Micro:bit, aproveitando o seu sensor acelerómetro integrado. O sistema detecta pasos ao interpretar os cambios de aceleración producidos polo movemento ao camiñar e mostra o número de pasos na pantalla LED da Micro:bit. O proxecto permite traballar contidos relacionados coa actividade física, a saúde, a medida, o corpo humano e a tecnoloxía, facendo que o alumnado investigue como funcionan os dispositivos de uso cotián e como poden aplicarse para mellorar os hábitos saudables.

Sistema de medición de consumo de auga con Micro:bit

Visto: 0 veces
2025-12-29

Este proxecto propón construír un medidor de consumo de auga en tempo real, utilizando a placa Micro:bit e un sensor de caudal (flow sensor) conectado a unha tubaxe ou botella adaptada. A través da programación, o sistema permite contar os litros ou mililitros consumidos, mostrando os resultados na pantalla da Micro:bit ou nun dispositivo externo. A actividade promove o coñecemento científico e tecnolóxico do uso da auga, fomenta hábitos de aforro e introduce ao alumnado na medición e análise de variables reais mediante sensores físicos.

Visita guiada ao noso patrimonio

Visto: 0 veces
2025-11-20

Este REA (Recurso educativo aberto) ofrece ao alumnado o reto de crear unha exposición escolar empregando a metodoloxía de proxectos. Está composto de dez situacións de aprendizaxe diferentes que abarcan momentos distintos deste proceso, que poden ser abordados tamén de maneira illada. Busca a integración de diversos elementos dixitais na súa elaboración coa pretensión de crear unha exposición interactiva que resulte interesante para a comunidade. Está enfocada á posta en valor de elementos patrimoniais da contorna aínda que pode ser adaptada a contextos científicos ou doutra índole.

Medimos a velocidade do vento cun anemómetro

Visto: 0 veces
2025-11-20

Este proxecto propón construír un anemómetro funcional empregando a placa Micro:bit e un sensor de rotación (Keyestudio) para medir a velocidade do vento. Os datos obtidos convértense en valores numéricos (como voltas por segundo ou km/h), que se amosan na pantalla da Micro:bit. A actividade permite traballar contidos de física, meteoroloxía, matemáticas e programación, e está orientada á observación científica do medio natural.

Los números y nuestra biblioteca

Visto: 0 veces
2025-10-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como base a relación entre o uso dos números naturais e o traballo nunha biblioteca, aplicado no propio centro educativo. No proceso o alumnado poderá adquirir conceptos matemáticos, tales como: números de distintas cifras, tipos de descomposicións, operacións aritméticas con números de distintas cifras, entre outros.

Potenciando las diversiones

Visto: 0 veces
2025-10-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.

Este recurso ten como obxectivo principal que o alumnado coñeza e aplique as potencias e as raíces cadradas. Ao longo da situación de aprendizaxe, aprenderá a calcular o cubo e o cadrado dun número e as potencias de base 10 nun contexto amigable, unha saída escolar.

Minichefs

Visto: 0 veces
2025-10-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe ten como fío condutor a cociña, e todo o proceso para a preparación dun bo prato: desde a compra, co seu orzamento, ata a creación de receitas. Como reto proponse a elaboración en equipo dun receitario, que recollerá os ingredientes e cantidades, tempos de elaboración, dificultades, variacións e orzamentos.

Viaje de fin de curso

Visto: 0 veces
2025-10-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida neste recurso ten como eixe principal a planificación da viaxe de fin de curso do alumnado. No proceso, o alumnado conectará cos números positivos e negativos, a identificación, comparación e as operacións de suma, resta, multiplicación e división, así como a súa aplicación na vida diaria.

Nuestra fiesta de primavera

Visto: 0 veces
2025-10-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.

Esta situación de aprendizaxe, centrada na preparación dunha festa primaveral, ten como fío condutor o mundo das fraccións. Proponse como reto a creación dun mantel co deseño dun xardín, inspirado en fraccións e no Festival Internacional de Xardíns de Allariz.