Ampliando a mirada: dando luz ao invisible
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 3- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica e Visual de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como eixo condutor a Georgia O'Keeffe. No recurso emprégase a fotografía coma ferramenta para o coñecemento e para dar visibilidade á artista.