Proxecto BauGal_Tecno_ODE6: O paseo de Jane

Visto: 0 veces
2025-09-01

O Paseo de Jane é unha situación de aprendizaxe interdisciplinar que conecta as materias de Lingua Galega e Literatura e Tecnoloxía para invitar o alumnado a reflexionar sobre o lugar onde vive, analizando a cidade ou vila desde unha mirada crítica, sensible e creativa.

Trátase dunha unidade de repaso e aplicación de todos os ODE do proxecto BauGal. Deseñando un "Paseo de Jane" poñeremos en práctica o aprendido nas situacións, avaliando o proxecto global.

Proxecto BauGal_Tecno_ODE5: Menos é máis

Visto: 0 veces
2025-09-01

Penúltima secuencia do proxecto de arquitectura bioclimática BauGal enfocada á documentación e divulgación do resultado do proxecto elaborado na secuencia anterior e vencellando este traballo co mundo laboral.

Son obxectivos específicos:

  1. Adquirir conciencia do papel da publicidade no noso sistema económico-social e coñecer ferramentas dixitais para deseñar e difundir a nosa propia marca (branding).

Fundación Intelligere & co. Axencia de deseño (Versión en castelán)

Visto: 0 veces
2025-05-15

Este ODE é o quinto e último dunha secuencia do proxecto Intelligere & Co, unha serie de cinco secuencias didácticas dedicadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a lingua. O seu propósito é que elaboren un prototipo co que demostren que aprenderon as distintas características da IA e como deben deseñar o seu despregue dende unha perspectiva crítica.

Fundación Intelligere & co. Axencia de creación (Versión en castelán)

Visto: 0 veces
2025-05-15

Este ODE é o cuarto dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado na interrelación entre a IA e a literatura, os modos lingüísticos propios da era dixital e da IA e un percorrido histórico pola evolución da ciencia ficción.

Fundación Intelligere & co. Axencia de protección (Versión en castelán)

Visto: 0 veces
2025-05-15

Este ODE é o terceiro dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado nas disfuncións e perigos da IA así como na comprensión da argumentación, das propiedades da coherencia e adecuación e mais o funcionamento da sintaxe semántica como ferramentas para facerlles fronte e desenvolver unha perspectiva crítica.