Comer polos ollos

Visto: 0 veces
2026-06-17

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a realización de tarefas de edición e tratamento básico de imaxes en mapa de bits (con GIMP) e de modificación de gráficos vectoriais (con Inkscape).

CÁLCulo olímpico

Visto: 0 veces
2026-06-17

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º ESO.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a xestión, análise e procesamento dos datos dunha competición deportiva local. O alumnado traballará en pequeno grupo e fará uso da folla de cálculo de LibreOffice Calc, dominando o manexo básico, aplicando funcións e elaborando gráficas para extraer información relevante.

IMPRESSións do pasado

Visto: 0 veces
2026-06-17

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe xira en torno á vida de hai 50 anos. Deste xeito, o alumnado deberá facer uso de recursos multimedia e ferramentas de ofimática para xerar información que lle permita contrastala coa vida na actualidade. En particular, o alumnado interactuará co software de presentacións de LibreOffice Impress e a ferramenta Board de Moodle/Taboleiro de EVA E-Dixgal.

Xogo programado, reto superado

Visto: 0 veces
2026-06-17

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe xira en torno a un xogo de mesa tipo party game chamado Sensa6, cuxas probas debe deseñar e programar o alumnado. Para iso, as persoas estudantes traballarán contidos relacionados coa programación (estruturas básicas, traballo con variables, e listas...) e empregarán as placas controladoras micro:bit e/ou Adafruit PCE.

Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.  

Pasaporte emocional. Toronto

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade mellorar as competencias sociais fomentando a convivencia a partir dunha viaxe a Toronto. O alumnado deberá xestionar unha serie de situacións empregando a escoita activa e a asertividade.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Pasaporte emocional. Grecia

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a xestionar as emocións propias de xeito que os factores externos non impidan acadar a estabilidade emocional a partir dunha viaxe a Grecia. Para conseguir a autonomía emocional, traballarase na autoimaxe, na autoestima, no autoconcepto e na autoeficacia.

Tipo de recursos: