Unidade didáctica: A Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra Mundial (1914-1918) foi un conflito devastador que acabou por transformar profundamente a orde mundial. Supuxo unha traxedia humana sen precedentes, marcou o remate dunha etapa histórica e puxo os alicerces para novos enfrontamentos no futuro. O seu estudo convida a reflexionar sobre a fraxilidade da paz e a necesidade de preservala.
Fundación Intelligere & co. Axencia de deseño (Versión en castelán)
Este ODE é o quinto e último dunha secuencia do proxecto Intelligere & Co, unha serie de cinco secuencias didácticas dedicadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a lingua. O seu propósito é que elaboren un prototipo co que demostren que aprenderon as distintas características da IA e como deben deseñar o seu despregue dende unha perspectiva crítica.
Fundación Intelligere & co. Axencia de creación (Versión en castelán)
Este ODE é o cuarto dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado na interrelación entre a IA e a literatura, os modos lingüísticos propios da era dixital e da IA e un percorrido histórico pola evolución da ciencia ficción.
Fundación Intelligere & co. Axencia de protección (Versión en castelán)
Este ODE é o terceiro dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado nas disfuncións e perigos da IA así como na comprensión da argumentación, das propiedades da coherencia e adecuación e mais o funcionamento da sintaxe semántica como ferramentas para facerlles fronte e desenvolver unha perspectiva crítica.
Fundación Intelligere & co. Axencia de análise (Versión en castelán)
Este ODE é o segundo dunha serie de cinco secuencias didáticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe.
Fundación Intelligere & co. Axencia de exploración (Versión en castelán)
Este ODE é o primeiro dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é artellar unha situación de aprendizaxe na que o alumnado explore a interrelación entre a IA e a linguaxe, as unidades lingüísticas, os principios de cooperación comunicativa, a diversidade lingüística. A proposta parte da creación dunha situación ficcional: a existencia dunha fundación, Intelligere & co. que investiga e fai desenvolvemento no campo da IA.
Fundación Intelligere & co. Presentación do proxecto (Versión en castelán)
Este ODE é unha introdución a unha serie de cinco Obxectos Dixitais Educativos (ODE) destinados ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE é presentar unha situación de aprendizaxe para promover dinámicas cooperativas, formar os grupos de traballo no caso de que se necesiten dinámicas específicas para deseñalos e introducir unha análise previa das IA para avaliar os coñecementos de partida do alumnado ao que vai dirixido.
A reseña (Obras son amores: Aula de creación, interación e implicación)
O comportamento dun individuo non depende só das súas características persoais, senón tamén do influxo que o medio poida exercer sobre el.
Esta unidade da as pautas para realizar unha reseña literaria. Preténdese incentivar o gusto pola lectura e o espíritu crítico. Fomenta, ademais, o traballo cooperativo entre o alumnado.
A efeméride (Obras son amores: Aula de creación, interación e implicación)
A efeméride segundo a RAE é un acontecemento que se lembra nun aniversario. Rememorar feitos históricos ou personaxes de relevancia cultural é importante para a construción da nosa propia identidade. A importancia non radica simplemente en evocar tales acontecementos, senón apelar á sensibilización e concienciación cara os valores que derivan de eles.
A nosa labor será render homenaxe a figuras ou feitos de especial trascendencia ligados ao literario e reflexionar sobre o impacto na sociedade e en nós mesmos.