O cuco - Ciencias Sociais

Visto: 0 veces
2026-06-11

O Cuco – Ciencias Sociais é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

O cuco - Mitoloxía

Visto: 0 veces
2026-06-11

O Cuco – Mitoloxía é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a organización dunha viaxe que permitirá ao alumnado comprender aspectos básicos da Xeografía, como a xeolocalización, a cartografía e as formas do relevo.

O reto proposto consiste na elaboración dunha guía de viaxe contextualizada nunha actividade extraescolar.

Sol, augas e plantas

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida articúlase ao redor de contidos relacionados coa atmosfera e os climas, as augas e a vexetación natural do planeta, situando ao alumnado nun contexto competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos coñecementos relacionados co clima.

Un planeta en apuros!

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor o impacto humano sobre o medio natural e a emerxencia climática. 

No reto proposto o alumnado terá que analizar unha situación real de transporte dende o fogar ao seu centro educativo e calcular e valorar a pegada de carbono dos distintos medios empregados.

Expoñendo a Prehistoria

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida articúlase ao redor de contidos relacionados coas sociedades prehistóricas, situando ao alumnado nun contexto competencial orientado á investigación e á análise da Historia.

O reto proposto consiste na elaboración grupal, montaxe e organización dunha exposición sobre Prehistoria no centro educativo.

Na procura das civilizacións perdidas

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida céntrase na Antigüidade, en Asia e África, e na civilización exipcia. Tamén aborda contidos relacionados coa arte destas civilizacións, cun enfoque competencial orientado á investigación e á análise da Historia.

Que fixeron os romanos por nós?

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida está deseñada co fin de introducir o alumnado na historia de Roma, cun enfoque competencial orientado á investigación e á análise da Historia.

Gallaecia 2.0: do Imperio Romano ao Reino Suevo

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 -o último dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida está centrada nos pobos bárbaros e nas expresións artísticas na antigüidade. Ao longo do recurso, o alumnado aprenderá a interpretar unha liña do tempo, a comprender como se estruturaban as sociedades nas primeiras civilizacións da Antigüidade, o papel da muller nestas sociedades e a pegada cultural e artística que tiveron no seu momento.