Fundación Intelligere & co. Axencia de deseño (Versión en galego)

Visto: 0 veces
2025-05-14

Este ODE é o quinto e última dunha secuencia do proxecto Intelligere & Co, unha serie de cinco secuencias didácticas dedicadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a lingua. O seu propósito é que elaboren un prototipo co que demostren que aprenderon as distintas características da IA e como deben deseñar o seu despregue dende unha perspectiva crítica.

Fundación Intelligere & co. Axencia de creación (Versión en galego)

Visto: 0 veces
2025-05-14

Este ODE é o cuarto dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado na interrelación entre a IA e a literatura, os modos lingüísticos propios da era dixital e da IA e un percorrido histórico pola evolución da ciencia ficción.

Fundación Intelligere & co. Axencia de protección (Versión en galego)

Visto: 0 veces
2025-05-14

Este ODE é o terceiro dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado nas disfuncións e perigos da IA así como na comprensión da argumentación, das propiedades da coherencia e adecuación e mais o funcionamento da sintaxe semántica como ferramentas para facerlles fronte e desenvolver unha perspectiva crítica.

Fundación Intelligere & co. Axencia de exploración (Versión en galego)

Visto: 0 veces
2025-05-14

Este ODE é o primeiro dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é artellar unha situación de aprendizaxe na que o alumnado explore a interrelación entre a IA e a linguaxe, as unidades lingüísticas, os principios de cooperación comunicativa, a diversidade lingüística. A proposta parte da creación dunha situación ficcional: a existencia dunha fundación, Intelligere & co. que investiga e fai desenvolvemento no campo da IA.

Fundación Intelligere & co. Presentación do proxecto (Versión en galego)

Visto: 0 veces
2025-05-14

Este ODE é unha introdución a unha serie de cinco Obxectos Dixitais Educativos (ODE) destinados ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste  ODE é presentar unha situación de aprendizaxe para promover dinámicas cooperativas, formar os grupos de traballo no caso de que se necesiten dinámicas específicas para deseñalos e introducir unha análise previa das IA para avaliar os coñecementos de partida do alumnado ao que vai dirixido.

Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.  

Pasaporte emocional. Toronto

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade mellorar as competencias sociais fomentando a convivencia a partir dunha viaxe a Toronto. O alumnado deberá xestionar unha serie de situacións empregando a escoita activa e a asertividade.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións