A natureza en xogo
- Read more about A natureza en xogo
- 740 views
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria.
A través desta situación de aprendizaxe, o alumnado colaborará coa biblioteca do centro para crear recursos lúdicos. Os contidos que se traballan están relacionados cos seres vivos: estrutura celular, funcións vitais, clasificación nos cinco reinos e biodiversidade. Paralelamente, o alumnado explora a tipoloxía e mecánicas dos xogos de mesa para deseñar as súas propias propostas.