Hidrosfera

Visto: 0 veces
2025-09-17

Unidade didáctica que consta de 8 videoleccións e 6 prácticas de laboratorio, nas que se desenvolve o tema da hidrosfera.

Estas vídeoleccións combinan as explicacions en campo e en laboratorio, con vídeo narrado, animacións e secuencias de actividades de laboratorio. A duración de cada un dos videotitorias está comprendida entre os 3 e os 12 minutos e consta de:

1. Unha estrutura fixa secuenciada seguindo o seguinte esquema:

Naveguemos e voemos!

Visto: 0 veces
2025-08-07

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor o coñecemento da atmosfera, da hidrosfera e da problemática ambiental asociada a estes dous sistemas, cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos saberes da materia. 

Esas pedras preciosas

Visto: 0 veces
2025-08-07

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe pretende iniciar ao alumnado no coñecemento da xeosfera, a tectónica de placas, os minerais, as rochas e a explotación destes recursos. Ao longo do proceso comprenderán a estrutrura e dinámica terrestres e o proceso de formación das rochas; identificarán minerais e rochas e comprenderán a importancia de promover unha explotación de recursos sostible.

Un fogar para todos

Visto: 0 veces
2025-08-07

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe céntrase no coñecemento da biodiversidade no planeta Terra, cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos saberes da materia.

Animais e diversos

Visto: 0 veces
2025-08-07

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor un percorrido polo Reino Animal, facilitando que o alumnado adquira coñecementos relacionados co nicho ecolóxico que ocupan os diversos grupos animais vertebrados e invertebrados, fomentando o desenvolvemento de competencias científicas e intelectuais a través dunha aprendizaxe activa e colaborativa. 

Sistemas de vida

Visto: 0 veces
2025-08-06

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor un percorrido a través de todos os compoñentes e relacións dos ecosistemas. Durante o proceso, o alumnado irá incorporando datos relacionados co estado actual de desequilibrio do medio natural e os seus recursos.