- 122 views
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon a disposición dos usuarios de internet.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Todos os textos, imaxes e arquivos contidos neste sitio web posúen dereitos de autoría e non poden ser reproducidos, na súa totalidade ou en parte, sen autorización escrita dos seus propietarios legais, salvo naqueles que conten cunha licencia de uso que o permita expresamente.
Política de cookies
Este Portal utiliza cookies propias de tipo técnico. Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo para almacenalo no seu navegador e, desta forma, obter e recuperar información sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do equipo en cuestión. Existen 2 tipos de cookies:
- De sesión: créanse de forma temporal e, unha vez que se abandona o sitio web son eliminadas.
- Permanentes: permanecen no navegador (durante o tempo que se establecese como período de duración do arquivo) e actívanse de novo cando se visita o sitio web que creou esa cookie.
Coa súa navegación vostede fai uso das cookies que utiliza este Portal, que son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte das persoas usuarias.
Protección de datos
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.