Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.  

Pasaporte emocional. Toronto

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade mellorar as competencias sociais fomentando a convivencia a partir dunha viaxe a Toronto. O alumnado deberá xestionar unha serie de situacións empregando a escoita activa e a asertividade.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Pasaporte emocional. Grecia

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a xestionar as emocións propias de xeito que os factores externos non impidan acadar a estabilidade emocional a partir dunha viaxe a Grecia. Para conseguir a autonomía emocional, traballarase na autoimaxe, na autoestima, no autoconcepto e na autoeficacia.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Ourense

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a regularse emocionalmente a partir dunha viaxe a Ourense na que o alumnado deberá xestionar emocións como o medo, a tristeza e a ira.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.
  • Escenarios interactivos.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: 

Galegas loitadoras

Visto: 0 veces
2023-04-13

Ode pertencente á serie "Sementes de liberdade". Galegas loitadoras: é un percorrido a través de diferentes colectivos de mulleres, que empezaron traballando para aportar á economía familiar e a súa loita por un emprego digno. Orixe e importancia do 8 de marzo Mulleres que loitaron polos nosos dereitos: As primeiras. Mariscadoras, a loita no mar. Traballadoras das fábricas, Pontesa. Científicas e investigadoras, o efecto Matilda.

Sementes de igualdade

Visto: 0 veces
2023-04-13

Ode pertencente á serie "Sementes de liberdade", en Sementes de igualdade trabállanse diferentes termos referidos á igualdade e analizaremos como a muller está tratada no cine e nas series: ● Traballando a igualdade no xornal ● Glosario de termos. ● Traballando co cine: -Test de Bedchel. - Síndrome de Pítufina.