O cuco - Música
- Read more about O cuco - Música
- 27 views
O Cuco - Música é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.
A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.
O xogo combina contidos curriculares de Música cunha mecánica lúdica que favorece a motivación, a participación activa e a consolidación das aprendizaxes.