En acción para o galego!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está deseñada co fin de introducir o alumnado na elaboración de textos, na creación dunha animación en stop motion e na reflexión sobre a situación do galego na actualidade.
O reto proposto ao alumnado será crear un texto narrativo para logo transformalo nunha animación de stop motion, incluíndo expresións en galego para que perduren na nosa sociedade.
Marcando páxinas
- Read more about Marcando páxinas
- 517 views
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe ten como tema os contos e introduce o alumnado na diversidade e riqueza das linguas, as bases da gramática (categorías de palabras, substantivo, xénero e número, ditongos e hiatos, acentuación, prefixos e sufixos) e na creación colaborativa de contidos textuais en formato dixital, desenvolvendo simultaneamente competencias lingüísticas, tecnolóxicas e creativas.
Unha paisaxe con encanto
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe trata sobre o impacto das nosas acción no medio ambiente e está deseñada para introducir o alumnado na creación de textos descritivos, narrativos, expositivos, de diálogo e argumentativos no contexto da concienciación ambiental.
O gran libro das emocións
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe parte da investigación de lendas locais ou historias familiares; cada nena e neno recollerá unha vivencia emocional que servirá como punto de partida para a creación dunha historia propia en pequenos grupos. Este recurso está deseñado para que o alumnado explore e exprese emocións a través da narración oral e escrita en lingua galega.
Onde vai a nosa cultura?
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está deseñada para traballar co alumnado diferentes persoeiros destacados da nosa cultura. Partiremos de personaxes galegos e galegas moi coñecidos e coñecidas para fomentar o interese e a motivación.
O reto proposto será a elaboración dunha cápsula do tempo onde o alumnado recolla os documentos que elabore, contribuíndo desta forma á perdurabilidade da cultura galega.
.
A importancia da palabra
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está deseñada co fin de introducir o alumnado na creación de diferentes tipos de textos. Para elaborar o produto do reto utilizarán diferentes tipos de textos cos que se pretende traballar a comprensión e a creación colectiva de documentos.
A proposta para o alumnado será crear un xornal ou revista para dar solución á situación actual da lingua galega na prensa escrita.
Batalla de concellos!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
O recurso está deseñado para traballar co alumnado o emprego e creación de diferentes tipos de textos non literarios. Partiremos do contorno máis inmediato, a localidade onde vive, para a partir dese eixo analizar información e crear os seus propios textos.
Ei, saio na tele!
- Read more about Ei, saio na tele!
- 399 views
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está deseñada para traballar co alumnado os medios de comunicación. Partiremos de problemáticas próximas ao alumnado, que deberá recoller e comunicar empregando diferentes vías de comunicación.
AFGAL - ARTIGAL
- Read more about AFGAL - ARTIGAL
- 383 views
Ferramentas para a Avaliación Fonolóxica para Galegofalantes (AFGAL) e Intervención na Articulación para Galegofalantes (ARTIGAL). O obxectivo é poñer á disposición dos mestres/as especialistas en Audición e Linguaxe, logopedas e os distintos profesionais que traballen coa fala e coa linguaxe, un instrumento de intervención enfocado á integración e xeralización dos fonemas da lingua galega.