Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.
Tipo de recursos:
- Pílula interactiva.
Número de sesións estimadas: Segundo criterio docente, dependendo da profundidade coa que se queira traballar, estímanse o seguinte número de sesións para as diferentes fases nas que se debe realizar o contido:
- Creación da listaxe de desexos: 1-2 sesións.
- Apertura diaria do autoagasallo: 5 minutos cada día durante un período mínimo dunha semana.
- Feedback alumnado: 1 sesión.
Aclaracións:
- Recoméndase realizar unha sesión final para recoller o feedback do alumnado sobre o traballo realizado durante a semana na que se estivo obtendo o autoagasallo.
Outras características:
- Área de escritura que permite a redacción da listaxe de desexos.
- Obrigatoriedade de incluír como mínimo nove desexos para acceder ao sorteo.
- Aleatorización dos autoagasallos que se conseguen cada día.