AFGAL - ARTIGAL

Visto: 0 veces
2025-02-03

Ferramentas para a Avaliación Fonolóxica para Galegofalantes (AFGAL) e Intervención na Articulación para Galegofalantes (ARTIGAL). O obxectivo é poñer á disposición dos mestres/as especialistas en Audición e Linguaxe, logopedas e os distintos profesionais que traballen coa fala e coa linguaxe, un instrumento de intervención enfocado á integración e xeralización dos fonemas da lingua galega.

Diversificación Curricular para 3º de ESO: A (re)volta ao día en 80 mundos

Visto: 0 veces
2024-09-25

Cuarta unidade do curso completo do ámbito sociolingüístico para o curso do Programa de Diversificación Curricular de 3º ESO.   O centro temático desta unidade  pertence á área de Xeografía e Historia:  son as revolucións que cambiaron o mundo desde 1789 en adiante.

Diversificación Curricular para 3º de ESO: Entre Guerras

Visto: 0 veces
2024-09-25

Partindo dun tema da área de Xeografía e Historia , os conflitos do século XX, vaise articulando toda a unidade  que abrangue os contidos pertencentes ás diferentes disciplinas que integran o Ámbito Sociolingüístico: Lingua Inglesa, Lingua Galega, Lengua Castellana e Xeografía e Historia. En cada sección trabállase un xogo para fomentar a aprendizaxe baseada en xogos e inclúese tamén unha proposta de situación de aprendizaxe e un traballo por proxectos.

Competencias Dixitais. Área4: seguridade e privacidade

Visto: 0 veces
2024-09-01

Recurso Educativo Aberto (REA) orientado á preparación da proba de acreditación das competencias dixitais correspondentes á Área 4 -Seguridade e privacidade- do Marco galego de competencias dixitais, no seu nivel intermedio.

Preséntanse os contidos acompañados de actividades interactivas que permitan familiarizarse coa tipoloxía de cuestións e preguntas da devandita proba específica.

Pasaporte emocional. Palestina

Visto: 0 veces
2024-04-19

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade traballar as emocións propias e alleas a través dunha viaxe a Palestina na que o alumnado irá superando unha serie de retos.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos: