Saltar navegación

UDI_8_PLANIFICACION

2º ESO PMAR. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL.

UDI 8. PLANIFICACIÓN.

PMAR 2º ESO. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL. UDI 8

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Contidos transversais



ÁMBITO LINGÚÍSTICO

A diversidade lingüística en Galicia

H

J

M

N

Recoñecemento da diversidade lingüística propia do contorno persoal, social e mediático.

Identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa integrada.

Valoración das linguas como medios de relación interpersoal e de sinal de identidade dun pobo.

O plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

Recoñecer e valorar a diversidade lingüística, con especial atención á realidade galega.

Reflexionar sobre o sistema e as normas de uso das linguas, mediante a comparación e transformación de textos, enunciados e palabras, e utilizar estes coñecementos para solucionar problemas de comprensión e para a produción de textos.

Valorar as linguas como medios de relación interpersoal e de sinal de identidade dun pobo.

Apreciar o plurilingüismo como riqueza cultural da humanidade.

Recoñece e valora a diversidade lingüística de Galicia. Coñece as linguas que se falan e valora a súa existencia como un elemento de riqueza cultural.

Utiliza os coñecementos lingüísticos de ámbito contextual, textual, oracional e da palabra, desenvolvidos no curso nunha das linguas, para mellorar a comprensión e produción dos textos traballados en calquera das outras.

Valora a lingua como instrumento co cal se constrúen todos os saberes e como medio de relación interpersoal e de sinal de identidade dun pobo, a través da identificación de elementos lingüísticos de noso en diferentes contextos.





CCL

CSC

CCEC

ÁMBITO SOCIAL

Educación viaria

a
g
h
m

Seguridade viaria: sinistralidade, causas, clases, incidencias e consecuencias. Colectivos vulnerables. Percepción do risco. Propostas de mellora.


Actuación (obrigatoria) en caso de accidente de mobilidade. A conduta PAS (protexer, avisar e socorrer). Cadea de supervivencia.

Comprender o significado de sinistralidade viaria, as súas causas e clases, a incidencia que ten no noso contorno, as consecuencias que derivan dela e as medidas de prevención que se poden adoptar para a súa prevención.


Coñecer normas básicas no protocolo de actuación ante un accidente.

Estuda os elementos que determinan a sinistralidade nas vías e as súas consecuencias, e entende os riscos que poñen en perigo a súa vida e a dos demais.


Valora a importancia de atender a tempo e ben en caso de accidente e de estar formados na conduta PAS e na cadea de supervivencia.


Valora a responsabilidade persoal na incidencia dos factores de transgresión (alcol, drogas) fronte á incidencia doutras causas de distracción (sono, cansazo).

CSC


CAA


CSIEE