Saltar navegación

UDI_1_LING_actividad_2

Actividad

EXPOSICIÓNS ORAIS. TRABALLO POR PARELLAS OU GRUPOS

1) Tras examinar os folletos informativos sobre a Formación Profesional descargados da páxina da Consellería (http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp), o alumnado, en grupos de 2 ou de 3, elaborará unha exposición oral sobre un dos folletos da súa elección

         
2) Empregando o LibreOffice Impress e axudándote do retroproxector da aula para presentalo ao resto de compañeiros/as, deberás explicar de forma clara, precisa e sinxela en que consisten eses graos, a súa duración, lugares onde se poden estudar, titulacións obtidas, posibles saídas profesionais e toda a información que sexa relevante.

3) Elaboración por parellas dun folleto no que publicitarán un negocio: unha barbería, un salón de peiteado, un taller mecánico, unha tenda de iluminación...cada quen elixe a opción que máis o/a motive.