Saltar navegación

UDI_2_PLANIFICACION

 

PMAR 2º ESO. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL.
UDI 2

 

PMAR 2º ESO. ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO UDI 2


Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Contidos transversais



ÁMBITO LINGÚÍSTICO

Comunicación oral. Produción de textos orais.

H

Observación e comprensión do sentido global dos debates, da intención comunicativa de cada interlocutor e dedución das normas básicas que regulan os debates escolares e os debates procedentes de medios de comunicación: radio e televisión.

Coñecemento e uso progresivamente autónomo das estratexias necesarias para a produción de textos orais: claridade expositiva, adecuación, coherencia e cohesión do contido e aspectos prosódicos (entoación, pausas, ton, timbre, volume,…), mirada, posicionamento e linguaxe corporal.

Coñecemento, uso e aplicación das estratexias necesarias para falar en público: planificación do discurso, prácticas orais formais e informais e avaliación progresiva da tarefa en textos orais do ámbito académico/escolar (exposicións en clase, conferencias, etc.) e ámbito social (intervencións na radio e televisión, intervencións en actos públicos, entrevistas, etc.); e en textos orais en relación coa finalidade que perseguen: textos expositivos e textos argumentativos.

Participación en debates, coloquios e conversacións espontáneas, observando e respectando as normas básicas de interacción, intervención e cortesía que regulan estas prácticas orais e que nos converten en seres sociais.

Comprender o sentido global e a intención comunicativa dos debates; identificar, interpretar e valorar as posturas diverxentes e asumir as normas básicas que regulan os debates: regras de interacción, intervención e cortesía.

Aprender a falar en público, en situacións formais ou informais, de forma individual ou en grupo.

Comprender e asumir a importancia de respectar as normas básicas que regulan os debates escolares para manifestar opinións propias e respectar opinións alleas e a necesidade de regular tempos e atender ás instrucións do moderador.


Escoita, observa e explica de forma progresiva o sentido global de debates escolares e debates procedentes da radio e televisión, identificando a información relevante, determinando o tema e recoñecendo a intención comunicativa e a postura de cada participante.

Fala en público con seguridade e confianza.

Recoñece e asume as regras de interacción, intervención e cortesía que regulan os debates.

Participa activamente nos debates escolares.

Utiliza unha linguaxe non discriminatoria.

CCL

CD

Valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social.


Valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, ou pluralismo político, a paz e a democracia.


ÁMBITO SOCIAL

Europa

A

J

Europa: a poboación, desequilibrios, dinámicas, movementos migratorios e modelos demográficos; actividades e políticas económicas; desigualdades e desequilibrios; as cidades, evolución, proceso de urbanización, a cidade como ecosistema.

Analizar a poboación europea, en canto á súa distribución, evolución, dinámica, migracións e políticas de poboación.

Recoñecer as actividades económicas que se realizan en Europa, nos tres sectores, identificando distintas políticas económicas.

Comprender o proceso de urbanización, os seus pros e contras en Europa.

Explica as características da poboación europea.

Compara entre países a poboación europea segundo a súa distribución, evolución e dinámica.

Diferencia os diversos sectores económicos europeos.

Distingue os diversos tipos de cidades existentes no noso continente.

Resume elementos que diferencien o urbano e o rural en Europa.

CSC

CCEC