Saltar navegación

UDI_4_SOCIAL_actividades

Actividade de lectura

No ano de 711 o rebelde Rodrigo alzouse co Reino instigado polo senado. Reinou soamente un ano. Reunindo tropas, dirixiu o seu exército contra os árabes e os mouros enviados por Musa, isto é, contra Tariq ibn Ziyad e outros, quen por moito tempo estiveran saqueando a provincia e devastando moitas cidades. Don Rodrigo dirixiuse ás montañas para enfrontarse con eles; na batalla, todo o exército dos Godos “que cabalgara fraudulentamente con Rodrigo por pura ambición e en contra do seu Rei” foi derrotado e Don Rodrigo morreu. Desta maneira o perverso Don Rodrigo perdeu non soamente o seu reinado, senón tamén a súa patria.

No ano 711 mentres España estaba a ser devastado polas forzas devanditas e grandemente afligida, non soamente polos inimigos, senón tamén pola furia de Musa mesmo, cruzando a esta terra a través o estreito de Cádiz e avanzando ata os alicerces de Hércules, “que lle abren a entrada ao porto, como o índice dun libro ou como as chaves nas súas mans, revelando e sacando o cadeado da pasaxe a España” entrou á terra xa devastada e sen piedade invadiu España para destruíla.

Despois de forzar a súa marcha a Toledo, a cidade real, e conquistase, impuxo en todas as rexións adxacentes, unha paz fraudulenta e maligna. Decapitou á vista de todos, a todos os nobres que sobreviviran e estaban a fuxir, coa axuda de Oppa, o fillo do Rei Egica. Coa axuda de Oppa, pasounos a todos polo fío da espada. Desta forma, devastou, non soamente á Hispania Ulterior, senón tamén á Hispania Citerior, ata a cidade de Zaragoza, nun tempo florecente, pero agora “polo xuízo de Deus” exposta á espada, a fame e o cativerio. O arruinou a moitas cidades fermosas, queimándoas e condenando á nobreza e aos homes poderosos a morrer crucificados. Pasou pola espada tamén á mocidade e os nenos. Mentres aterrorizaba a todos desta maneira, algunhas cidades que se salvaron e estaban asediadas, caían en tratados humillantes. Cando os seus habitantes arrepentíanse de aceptar as condicións impostas polos inimigos, fuxían ás montañas, onde padecían fame e moitas formas de mortes.

Os sarracenos impuxeron desta maneira o seu salvaxe reinado en España, particularmente en Córdoba, antigamente unha sede patricia e unha das máis opulentas no reino visigodo.

  • Quen crees que escribe o texto, un musulmán ou un cristián?
  • Quen son os protagonistas do texto?
  • Que di o autor que fan moitos cristiáns unha vez que non están de acordo coa dominación dos musulmáns?
  • Cantos anos reinou Rodrigo?

Selección múltiple

Pregunta

A penetración da arte románica ou cristiana en España produciuse...

Respostas

No século XI

No século XIII

No século X

Retroalimentación

Pregunta

A maior parte das obras do románico...

Respostas

Teñen autor coñecido

 

Son anónimas

Empregan o arco oxival

Retroalimentación

Pregunta

A pranta das igrexas románicas realízase en forma de...

Respostas

Cruz latina ou cruceiro

Árbore

Círculo

Retroalimentación

Pregunta

A pintura e a escultura utilizábanse nas igrexas románicas...

Respostas

Con intención pedagóxica

Con intención ornamental

Para dar a coñecer os artistas

Retroalimentación

Pregunta

O momento culminante do poder político musulmán en España foi...

Respostas

O período do califato de Córdoba

O califato de Granada

A unificación almorávide

Retroalimentación

Pregunta

A conquista do último territorio musulmán durou dez anos e concluíu...

Respostas

Coa incorporación definitiva do Reino de Málaga en 1400

Coa incorporación definitiva do Reino de Granada en 1492

Coa derrota dos cristiáns

Retroalimentación

Pregunta

O legado islámico deixou pegada importante...

Respostas

 Na arquitectura, medicina e toponimia

Na pintura, escultura e gastronomía

Na música, os costumes e a relixión

Retroalimentación

Pregunta

Afonso X fundou en Toledo...

Respostas

Unha escola de tradutores

Unha universidade

Unha escola de artes e oficios

Retroalimentación

Pregunta

Na arquitectura gótica destacaron...

Respostas

As grandes ventás e rosetóns con enormes vidrieiras iconográficas

Ventás pequenas e esculturas manieristas

Figuras relixiosas e frecos nos teitos

Retroalimentación

Actividade

 

cruzado

 

Investiga, consultando distintas fontes de información tanto dixitais como en papel, en que consistiron as cruzadas na época medieval. Para comezar, faite as seguintes preguntas:

  • Quen eran os cruzados?
  • Como eran elixidos para esa misión?
  • Cal ou cales eran os seus obxectivos?
  • Como  e onde desenvolvian o seu traballo?
  • Para quen traballaban?

A partir de aí, redacta un pequeno informe dunhas 25 liñas.

Estudo de caso

Recomendación literaria relacionada coa Idade Media en Europa:  O nome do rosa, de Umberto Eco

RESUMO:

Todo comeza a finais de novembro de 1327 nas proximidades dunha abadía situada no norte de Italia. Adso de Melk narra en primeira persoa, desde unha cela no mosteiro de Melk, un episodio da súa vida que sucedeu sesenta anos atrás, cando era o novo discípulo do admirado Frei Guillermo de Baskerville. Ambos chegan á abadía e, o que parecía unha simple visita, converteuse nunha aventura perigosa que marcaría as súas vidas. O abade, ao descubrir as implacables habilidades deductivas do franciscano, pono ao tanto dun crime perpetrado poucos días antes na propia abadía, coa esperanza de que o monxe dea co asasino e poder limpar así o bo nome da comunidade ante os ollos de varios representantes eclesiásticos. Eles están a piques de chegar á abadía para debater sobre a pobreza de Cristo. Nisto empéñase o protagonista cando comezan a aparecer máis cadáveres, ata sete ao longo da obra.

EXTRACTO:

Pero o universo é aínda máis locuaz do que cría Alain, e non só fala das cousas últimas (nese caso sempre o fai dun modo escuro), senón tamén das próximas, e nisto é clarísimo. Dáme case vergoña ter que repetirche o que deberías saber. Na encrucillada, sobre a neve aínda fresca, estaban marcados con moita claridade os sinais dos cascos dun cabalo, que apuntaban cara ao carreiro situado á nosa esquerda. Eses signos, separados por distancias bastante grandes e regulares, dicían que os cascos eran pequenos e redondos, e o galope moi regular. De aí deducín que se trataba dun cabalo, e que a súa carreira non era desordenada como a dunha animal desbocado. Alí onde os piñeiros formaban unha especie de alpendre natural, algunhas ramas acababan de ser rotas, xusto a cinco pés do chan. Unha das matas de zarzamora, situada onde o animal debe de virar, meneando altivamente a fermosa cola, para tomar o carreiro da súa dereita, aínda conservaba entre as espiñas algunhas crines longas e moi negras. Por último, non me dirás que non sabes que esa senda leva ao estercolero, porque ao subir pola curva inferior vimos o chorro de detritos que caía a pico xusto debaixo do torreón oriental, ensuciando a neve, e dada a disposición da encrucillada, a senda só podía ir naquela dirección.


"Guillermo sentíase profundamente humillado. Tratei de consolalo, dicíndolle que facía tres días que estaba a buscar un texto en grego e era natural que descartase todos os libros que non estaban en grego. El respondeu que sen dúbida é humano cometer erros, pero que hai seres humanos que os cometen máis que outros, e a estes chámalles parvos, e que el se contaba entre estes últimos, e preguntábase se valera a pena que estudase en París e Oxford para despois non ser capaz de pensar que os manuscritos tamén se encadernan en grupos, cousa que ata os novicios saben, salvo os estúpidos coma min, e unha parella de estúpidos tan boa como a nosa puidese triunfar nas feiras, e iso era o que tiñamos que facer no canto de tratar de resolver misterios, sobre todo cando nos enfrontabamos con xente máis astuta que nós. (...)
O diaño non é o príncipe da materia, o diaño é a arrogancia do espírito, a fe sen sorriso, a verdade xamais tocada pola dúbida. O diaño é sombrío porque sabe onde vai, e sempre vai cara ao sitio do que procede. Es o diaño, e como o diaño vives nas tebras. Se querías convencerme lográchelo. Ódioche, Jorge, e se puidese sacaríate á chaira e pasearíate espido. "

catedral

 

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:

Visionado da película homónima, do ano 1986, dirixida por Jean-Jacques Annaud.

Puntos importantes aos que prestar atención:

A  iluminación e a  fotografía que recalcan o sentido simbólico do filme con referencias  á iconografía e a arte relixiosas medievais  (luz-escuridade como reflexo do antagonismo ben-mal).  
A óptica usada polo director para potenciar o tratamento expresionista dos rostros (ademais da elección dos actores e a maquillaxe) nun intento de aproximación á arte románica e do primeiro gótico.
Os personaxes son bastante esquemáticos (representan posturas ou paixóns humanas). Fíxate niso e tenta relacionar algún deles con esas calidades ou defectos morais que representan.
O comportamento dos personaxes (especialmente Guillermo e, nalgunha medida, Adso) que se inspira con frecuencia en modos de pensar e actuar... posteriores á época.



Preguntas de comprensión:

Que personaxes defenden posturas máis medievais e cales máis próximas ao que será o Renacemento?
Que tarefa realizaba o primeiro monxe morto?
Por que razón prodúcense os asasinatos?
Sabes quen era Aristóteles? (se non é así busca  datos).  Que relación ten co cristianismo?
Por que había libros prohibidos?
Que papel xogaron os mosteiros na conservación  e  difusión da cultura clásica?  Sinala algunha escena do filme que mostre ese papel.
Que oficios ou traballos fan os monxes?
Describe  a  peripecia  de Adso, a  rapaza e o inquisidor.
Lembras que fai Adso cando a moza é apresada? En que outros momentos aparece esa imaxe?
Compara esa peripecia  e o final da rapaza e do inquisidor no libro e no filme. Que significan eses cambios?
Que papel xogaba a Inquisición nesa época? Que intereses defendía?
En que momento do filme se ve o conflito entre o poder civil e a Igrexa?
Que diferenzas ves ti entre os franciscanos e os dominicos? E entre as ordes mendicantes e os benedictinos?
Quen eran os herexes? Por que xurdiron?


Preguntas de reflexión:

O mosteiro, ademais dun escenario, é un personaxe do filme.  Comparádeo con algúns que coñezades e que se caractericen por algo (emprazamento, tamaño, poder, importancia histórica...).
A relixión.  Analizade  o seu  papel e os cambios que se producen na parte final da Idade  Media. Que consecuencias terán para os mosteiros?
Os estamentos medievais e a súa presenza no filme.  Nesta trama hai un moi presente, outro como pano de fondo e un case ausente. Explícao.
O feudalismo como sistema social preside a época: a abadía é o centro dun dominio señorial e está rodeada de murallas. Por que? Busca escenas en que se vexa esta posición señorial.
O campesinado formaba a maioría  da poboación pero, como vivían?  Lembras algún diálogo sobre eles no filme?
A crise da Idade Media,o final dunha forma de vida (e de civilización): como se vive no filme?  
A arte e a iconografía medievais marcan a estética do filme. Lembras o poder das imaxes na película?  (o efecto da portada sobre  o  mozo Adso, a imaxe da Virxe, os libros). Hai outros símbolos destacados nesta película? Por que tiñan tanta importancia os símbolos na Idade Media?
A pugna entre o vello e o novo é unha constante histórica. Que dúas posturas se enfrontaron aquí?
O desenlace é violentísimo e acaba coa destrución de case todo. A Apocalipse ou o fin do vello mundo?

Actividade

VISITA VIRTUAL POR GRANADA

alhambra

 

Entra en esta página web. Vamos a hacer una visita virtual por la Alhambra y el Generalife (Granada):



http://viewer.spainisculture.com/hdimages/Alhambra/index.html?lang=es&__utma=1.678177804.1499940452.1499940452.1499940452.1&__utmb=1.2.9.1499940454251&__utmc=1&__utmx=-&__utmz=1.1499940452.1.1.utmcsr=(direct)|utmccn=(direct)|utmcmd=(none)&__utmv=-&__utmk=191588010