Saltar navegación

UDI_6_LING_teoria

2º ESO PMAR ÁMBITO LINGÜÍSTICO. UDI 6

CATEGORÍAS GRAMATICAIS. SUXEITO E PREDICADO. ORTOGRAFÍA

A maior parte das normas gramaticais da lingua galega son, se non idénticas, moi semellantes ás da gramática da lingua castelá. Deste xeito, agás nos casos máis concretos en que haxa unha diferenza notoria entre as dúas linguas, tentaremos, tal e como aparece recollido para Galicia no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, seguir un tratamento integrado das linguas para o estudo e a aprendizaxe deste bloque de contidos.

No caso concreto do currículo de 2º da ESO o citado decreto establece, textualmente:

(...) o tratamento integrado das linguas debe considerar o punto de partida diferente de cada unha delas. Xa que logo, non se pode esquecer a situación de minorización da lingua galega, que cómpre atender e dinamizar adecuadamente. Con esa finalidade, é preciso favorecer o uso e a aprendizaxe desta lingua de xeito que se impulse a súa normalización e se venzan as dificultades da súa menor presenza e repercusión social, motivadas en moitos casos por prexuízos que é necesario desmontar e superar. O alumnado galego debe rematar a súa escolarización co nivel de usuario competente nas dúas linguas oficiais, galego e castelán, o que implica a utilización adecuada e eficaz das dúas linguas nun amplo repertorio de situacións comunicativas, propias de diferentes ámbitos, cun grao crecente de formalidade e complexidade.


No Bloque 3, Coñecemento da lingua, o currículo establece:

Como contido (B3.10.),  a identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa integrada.

Como criterio de avaliación (B3.9.), reflexionar sobre o sistema e as normas de uso das linguas, mediante a comparación e a transformación de textos, enunciados e palabras, e utilizar estes coñecementos para solucionar problemas de comprensión e para a produción de textos.

E como estándar de aprendizaxe (LCLB3.9.1.), utiliza os coñecementos lingüísticos de ámbito contextual, textual, oracional e da palabra, desenvolvidos no curso nunha das linguas, para mellorar a comprensión e a produción dos textos traballados en calquera das outras.

 

Por tanto, abordaremos o estudo das distintas categorías gramaticais do galego, así como o das normas ortográficas, descargando os resumos gramaticais que nos facilita o Portal da Lingua Galega: http://www.lingua.gal/portada

(VID. ARQUIVOS ADXUNTOS)

No bloque de ORTOGRAFÍA, para o estudo das normas ortográficas da lingua galega utilizaremos como documento de referencia o que publicou a Real Academia Galega da Lingua:

http://academia.gal/documents/10157/704901/Normas+ortogr%C3%A1ficas+e+morfol%C3%B3xicas+do+idioma+galego.pdf 

En canto ao estudo das normas ortográficas da lingua castelá, recorreremos ás normas ortográficas que publicou a RAE en 2010: http://www.rae.es/sites/default/files/1ortografia_espanola_2010.pdf

 

Para comprobar algunha diferenza entre a gramática do galego e a do castelán consultaremos a Nueva Gramática de la Lengua Española publicada pola RAE: http://www.rae.es/sites/default/files/Sala_prensa_Dosier_Gramatica_2009.pdf

 

No tocante ao apartado de semántica, imos utilizar os recursos sobre léxico especifico, clasificado por ámbitos, que pon á nosa disposición o Portal da Lingua Galega: http://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego/_/aprendelo/contido_0020/lexico-especifico

 

Propiedade intelectual e industrial do Portal da Lingua Galega: http://www.lingua.gal/aviso-legal. Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais.