UDI_10_PLANIFICACION
2º ESO PMAR. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL.
UDI 10. PLANIFICACIÓN.
|
PMAR 2º ESO. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL. UDI 10 |
||||||
|
Obxectivos |
Contidos |
Criterios de avaliación |
Estándares de aprendizaxe |
Competencias clave |
Contidos transversais |
|
|
ÁMBITO LINGÚÍSTICO Os xéneros literarios líricos |
D H |
Introdución ao xénero lírico a través dos textos. Lectura comparada e comprensión de textos poéticos de todas as épocas, recoñecendo temas próximos á sensibilidade do alumnado, a intención comunicativa do autor, as relacións entre a expresión de determinados sentimentos e o contexto sociocultural no que aparecen, así como a permanencia e a evolución dos temas e os vínculos con outras manifestacións artísticas. A expresión dos sentimentos. Trazos esenciais da linguaxe poética. Poesía e canción. |
Ler, comprender e comparar textos líricos diversos, pertencentes a todas as épocas, recoñecendo os temas próximos á sensibilidade do alumnado, explicando a intención comunicativa do autor e relacionando os sentimentos e valores que o texto expresa co contexto sociocultural en que se escribiu. |
Compara textos líricos de distintas épocas, identificando algúns temas e recoñecendo algúns trazos básicos da evolución dos mesmos ao longo do tempo. |
CCL CCEC |
comunicación audiovisual prevención de calquera tipo de violencia prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social |
|
ÁMBITO SOCIAL Igualdade de xénero |
E F G |
Novas maneiras de relacionarse: oportunidades e riscos para a igualdade no mundo dixital. Visibilidade das mulleres nos distintos eidos (historia, cultura, ciencia...) e recoñecemento da súa contribución en diversas esferas sociais. Sinais de alerta na mocidade. Detección e prevención de condutas violentas en relación co xénero. Rexeitamento das condutas violentas por razón de xénero. |
Coñecer e valorar o papel das mulleres ao longo da historia e no tempo contemporáneo, así como o proceso de ocultación sufrida. Incorporar as principais aprendizaxes á realidade persoal e social. Identificar os diversos sinais de alerta para detectar e prever a violencia machista nas relacións interpersoais propias e/ou do seu contorno. Analizar tipos de familias do contorno máis próximo, rexeitar situacións de discriminación e desigualdade e identificar a influencia dos diversos axentes de socialización (TV, prensa, noticias en internet...). |
Identifica actitudes positivas propias ou no seu contorno situacións de cambio que conduzan á igualdade entre os sexos. Consulta e utiliza, de forma autónoma, fontes de información básicas (dixitais e outras) para a realización de traballos sinxelos sobre o labor de mulleres representativas nalgúns dos campos do coñecemento, da realización persoal, do lecer... Valora a igualdade na toma de decisións e rexeita estereotipos e prexuízos sexistas. |
CD CCEC |
|