Saltar navegación

UDI_1_PLANIFICACION

PMAR 2º ESO. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL.
UDI 1




PMAR 2º ESO. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL. UDI 1

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Contidos transversais


ÁMBITO LINGÚÍSTICO

Comunicación oral. Escoitar e falar

A

 H

Comprensión, interpretación e valoración de textos orais en relación co ámbito de uso: ámbito persoal e familiar (monólogos, conversacións, etc.), ámbito escolar (resumos) e ámbito social (noticias procedentes da radio, televisión e Internet).

Comprensión, interpretación e valoración de textos orais en relación coa finalidade que perseguen: narracións orais (contos, relatos tradicionais, chistes, cancións, etc.), descricións orais (de persoas, lugares e obxectos) e instrucións orais da vida cotiá.

Comprensión global: recoñecemento da intención comunicativa do falante, determinación do tema do texto, diferenciación de ideas principais e secundarias e obtención de información concreta. Interpretación do sentido do texto: determinación da actitude do falante.

Interpretación do sentido do texto: determinación da actitude do falante.

Comprender, interpretar e valorar textos orais propios do ámbito persoal e familiar, ámbito escolar e ámbito social, captando o seu sentido global, identificando a información relevante, e valorando algúns aspectos da súa forma e o seu contido.

Comprende o sentido global de textos orais propios do ámbito persoal, familiar, escolar e social, identificando a información relevante, determinando o tema e recoñecendo a intención comunicativa do falante.

Extrae informacións concretas dunha noticia procedente dos medios de comunicación audiovisual.

Resume textos, de forma oral, recollendo as ideas principais, enlazándoas adecuadamente e expresándoas con claridade.

CCL

CDD

Desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres

Pluralidade

Educación cívica e constitucional

ÁMBITO SOCIAL

España. Características xerais

A

J

España: a poboación, características xerais; a organización territorial; a acción humana sobre o territorio; os problemas ambientais, a contaminación; o desenvolvemento sustentable; as paisaxes humanizadas; as cidades.

Analizar as características da poboación española, a súa distribución, dinámica e evolución, así como os movementos migratorios.

Coñecer a organización territorial de España.

Coñecer e analizar os problemas e retos ambientais que afronta España, a súa orixe e as posibles vías para afrontar estes problemas.

Coñece a pirámide de poboación de España e das diferentes Comunidades Autónomas.

Analiza os movementos migratorios nas últimas tres décadas.

Distingue nun mapa político a distribución territorial de España: comunidades autónomas, capitais, provincias, illas.

CSC

CCL