Saltar navegación

UDI_5_PLANIFICACION

PMAR 2º ESO. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL.

UDI 5.

PMAR 2º ESO. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL. UDI 5

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Contidos transversais



ÁMBITO LINGÚÍSTICO

Produción de textos escritos

D

E

G

H

Coñecemento e uso progresivo das técnicas e estratexias para a produción de textos escritos: a escritura como proceso de planificación, textualización, revisión e reescritura. Avaliación progresiva da tarefa.

Escritura de textos en relación co ámbito de uso: ámbito persoal e familiar (diarios, notas, cartas, invitacións, etc.), ámbito escolar (resumos, esquemas, murais, etc.) e ámbito social (noticias procedentes dos medios de comunicación e de Internet) e en relación coa finalidade que perseguen: narracións (contos, relatos tradicionais, chistes, cancións, etc.), descricións e instrucións da vida cotiá.

Interese crecente pola composición escrita como fonte de información e aprendizaxe e como forma de comunicar sentimentos, experiencias, coñecementos e emocións.

Aplicar as estratexias necesarias para producir textos adecuados, coherentes e cohesionados: planificando, textualizando, revisando, reescribindo e integrando a reflexión ortográfica e gramatical na práctica e uso da escritura.

Escribir textos en relación co ámbito de uso; ámbito persoal e familiar, ámbito escolar e ámbito social; así como en relación coa finalidade que perseguen: narracións, descricións e instrucións da vida cotiá, seguindo modelos e aplicando as estratexias necesarias para planificar, textualizar, revisar e reescribir.

Valorar a importancia da escritura como ferramenta de adquisición das aprendizaxes e como estímulo do desenvolvemento persoal.

Valora e incorpora progresivamente unha actitude persoal e creativa ante a escritura.

Coñece e comeza a utilizar ferramentas da Tecnoloxía da Información e a Comunicación, participando, intercambiando opinións, comentando e valorando escritos alleos ou escribindo e dando a coñecer os seus propios.

CCL

CSIEE

CAA

CD

educación cívica e constitucional

tecnoloxías da información e da comunicación

ÁMBITO SOCIAL

Baixa Idade Media en Europa

A

G

A Baixa Idade Media en Europa (séculos XIV e XV). A crise da Baixa Idade Media: a ‘Peste Negra’ e as súas consecuencias. Reinos de Aragón e de Castela.

Entender o concepto de crise e as súas consecuencias económicas e sociais.

Comprende o impacto dunha crise demográfica e económica nas sociedades medievais europeas.

CSC