Saltar navegación

UDI_4_PLANIFICACION

PMAR 2º ESO ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL

UDI 4

PMAR 2º ESO. ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO UDI 4

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Contidos transversais



ÁMBITO LINGÚÍSTICO

Uso das fontes de información e das TICs



Utilización progresivamente autónoma dos dicionarios, da biblioteca escolar e das Tecnoloxías da Información e a Comunicación como fonte de obtención de información. Educación para o uso, tratamento e produción de información.

Manexo progresivamente autónomo de dicionarios e outras fontes de consulta, en papel e formato dixital, sobre o uso da lingua.

Consulta de fontes de información variadas para a realización de traballos escolares relacionados coa literatura e cita adecuada das mesmas.

Buscar e manexar información, na biblioteca e noutras fontes, en papel ou dixital, para integrala nun proceso de aprendizaxe continua.

Manexar con precisión os dicionarios da lingua española e recoñecer as abreviaturas utilizadas, seleccionando entre as diferentes acepcións dunha palabra, a máis apropiada para o seu uso.

Consultar e citar adecuadamente fontes variadas de información, para realizar un traballo escolar, en soporte papel ou dixital, sobre un tema relacionado coa literatura, adoptando un punto de vista persoal e utilizando algúns recursos das tecnoloxías da información.

Utiliza, de forma autónoma, diversas fontes de información integrando os coñecementos adquiridos nos seus discursos orais ou escritos.

Coñece e manexa habitualmente dicionarios impresos ou en versión dixital.

Manexa o dicionario para buscar o significado daquelas palabras que descoñece.

Interpreta correctamente as abreviaturas utilizadas nos dicionarios.

Coñece e utiliza o dicionario da RAE, en edición impresa e dixital.

Consulta varias fontes de información para desenvolver por escrito, con rigor, claridade e coherencia, un tema relacionado coa literatura, citándoas adecuadamente.

Utiliza algúns recursos básicos das Tecnoloxías da Información e a Comunicación para a realización dos seus traballos escolares.



CCL

CD

CAA

CSC

educación cívica e constitucional

prevención e resolución pacífica de conflitos

respecto aos dereitos humanos

ÁMBITO SOCIAL

Alta Idade Media

A

G

A Plena Idade Media en Europa (séculos XII e XIII). A evolución dos reinos cristiáns e musulmáns. Emirato e Califato de Córdoba, Reinos de Castela e de Aragón (conquista e repoboación). A expansión comercial europea e a recuperación das cidades. A arte románica, gótica e islámica.

Entender o proceso das conquistas e a repoboación dos reinos cristiáns na Península Ibérica e as súas relacións coa Al-Ándalus.

Interpreta mapas que describen os procesos de conquista e repoboación cristiás na Península Ibérica.

CSC

CAA