Saltar navegación

UDI_7_PLANIFICACION

2º ESO PMAR. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL

UDI 7

PMAR 2º ESO. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL. UDI 7

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

Contidos transversais



ÁMBITO LINGÚÍSTICO

Coñecemento da lingua.

O texto. Coherencia, cohesión e adecuación.



B

H

Observación, reflexión e descrición dos requisitos que deben cumprir os enunciados para converterse en texto: unidade temática, estrutura axustada á intención comunicativa e cohesión de todas as súas partes.

Observación, recoñecemento e uso dalgúns conectores textuais (de orde e explicación) e dalgúns mecanismos de referencia interna, tanto gramaticais (substitucións pronominais) como léxicos (elipse e substitucións mediante sinónimos e hiperónimos).

Aplicar progresivamente as estratexias necesarias para producir textos adecuados, coherentes e cohesionados.

Identificar os conectores textuais e os principias mecanismos de referencia interna presentes nos textos recoñecendo a función que realizan na organización do contido do discurso.

Aplica técnicas diversas para planificar os seus escritos: esquemas, árbores, mapas conceptuais, etc e redacta borradores de escritura.

Escribe textos usando o rexistro adecuado, organizando as ideas con claridade, enlazando enunciados en secuencias lineais cohesionadas e respectando as normas gramaticais e ortográficas.

Recoñece, usa e explica os conectores textuais (de adición, contraste e explicación) e os principais mecanismos de referencia interna, gramaticais (substitucións pronominais) e léxicos (elipse e substitucións mediante sinónimos e hiperónimos), valorando a súa función na organización do contido do texto.





CCL

CM

Educación cívica e constitucional

Desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres

Aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social

ÁMBITO SOCIAL

Claves para un uso seguro de internet: prevención do “sexting”

E

F

G

Coñecemento das claves para salvagardar a identidade dixital en internet.

Recoñecemento de indicios de sexting no entorno ou na propia persoa, así como das súas repercusións tanto para a vítima como para quen o practique.

Coñecemento e aplicación das pautas para un uso seguro das redes sociais e das normas de actuación recomendables en caso de sexting. 

Aplicar as estratexias axeitadas para utilizar a internet de forma segura.

Coñecer as consecuencias no ámbito social e no legal tanto para vítimas como para persoas acosadoras.

Aplicar de xeito eficaz as pautas de actuación recomendadas en caso de ser vítima ou testemuña de sexting.

Conece o fenómeno do sexting e aplica con eficacia  as pautas recomendadas en caso de ser vítima ou testemuña.

Recoñece os perigos dun uso inadecuado das redes sociais e aplica as estratexias para un uso seguro.

Valora negativamente calquera tipo de acoso.

CD

CCSS