UDI_3_PLANIFICACION
UDI 3
|
PMAR 2º ESO. ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO UDI 3
|
||||||
|
Obxectivos |
Contidos |
Criterios de avaliación |
Estándares de aprendizaxe |
Competencias clave |
Contidos transversais |
|
|
ÁMBITO LINGÚÍSTICO Comunicación escrita |
A B E H |
Coñecemento e uso progresivo de estratexias que faciliten a comprensión global dun texto en todas as fases do proceso lector: antes da lectura (identificando o obxectivo, activando o coñecemento previo,…), durante a lectura (recorrendo ao contexto de palabras ou frases para solucionar problemas de comprensión, usando dicionarios,…) e despois da lectura (extraendo a idea principal, resumindo, interpretando e valorando o sentido de palabras, frases e texto). Lectura, comprensión, interpretación e valoración de textos escritos en relación co ámbito de uso: ámbito persoal e familiar (diarios, notas, cartas, invitacións, etc.), ámbito escolar (resumos, esquemas, murais, etc.) e ámbito social (noticias procedentes dos medios de comunicación e de Internet) e en relación coa finalidade que perseguen: narracións (contos, relatos tradicionais, chistes, cancións, etc.), descricións e instrucións da vida cotiá. Actitude progresivamente crítica e reflexiva ante a lectura, organizando razoadamente as ideas e expoñéndoas e respectando as ideas dos demais. |
Aplicar estratexias de lectura para a comprensión e interpretación de textos escritos. Ler, comprender, interpretar e valorar textos escritos propios do ámbito persoal e familiar, ámbito escolar e ámbito social, captando o seu sentido global, identificando a información relevante, extraendo informacións concretas, realizando inferencias, determinando a actitude do falante e valorando algúns aspectos da súa forma e o seu contido. Manifestar unha actitude crítica ante a lectura de calquera tipo de textos ou obras literarias, a través dunha lectura reflexiva que permita identificar posturas de acordo ou desacordo, respectando en todo momento as opinións dos demais. |
Pon en práctica diferentes estratexias de lectura en función do obxectivo e o tipo de texto, actualizando coñecementos previos e traballando os erros de comprensión. Realiza lectura expresiva de textos de diversa índole. Utiliza diferentes instrumentos de aprendizaxe para a comprensión de palabras ou enunciados descoñecidos (contexto, dicionario…) e incorpóraos ao seu repertorio léxico. Recoñece e expresa o tema, a idea principal, as ideas secundarias, así como as relacións entre elas. Recoñece e expresa o tema e a intención comunicativa de textos narrativos, descritivos e instrutivos, identificando a tipoloxía textual seleccionada e a organización do contido. Interpreta, explica e deduce a información dada en diagramas, gráficas ou outros elementos visuais. Comprende e segue instrucións de certa complexidade que lle permiten desenvolverse en situacións da vida cotiá e en procesos de aprendizaxe. Identifica e expresa as posturas de acordo e desacordo sobre aspectos parciais, ou globais, dun texto. Elabora a súa propia interpretación sobre o significado dun texto. Respecta as opinións dos demais. |
CM CCL CSC |
educación cívica e constitucional pluralidade |
|
ÁMBITO SOCIAL Idade Media |
A G |
A Idade Media. Concepto de Idade Media e as súas subetapas: Alta, Plena e Baixa Idade Media. A “caída” do Imperio Romano en Occidente: división política e invasións xermánicas. Os reinos xermánicos e o Imperio Bizantino (Oriente). O feudalismo. O Islam e o proceso de unificación dos pobos musulmáns. A Península Ibérica: a invasión musulmá (Al Ándalus) e os reinos cristiáns. |
Describir a nova situación económica, social e política dos reinos xermánicos. Caracterizar a Alta Idade Media en Europa recoñecendo a dificultade da falta de fontes históricas neste período. Explicar a organización feudal e as súas consecuencias. Analizar a evolución dos reinos cristiáns e musulmáns, nos seus aspectos socio-económicos, políticos e culturais. Entender o proceso das conquistas e a repoboación dos reinos cristiáns na Península Ibérica e as súas relacións coa Al-Ándalus. |
Compara as formas de vida (en diversos aspectos) do Imperio Romano coas dos reinos xermánicos. Utiliza as fontes históricas e entende os límites do que se pode escribir sobre o pasado. Caracteriza a sociedade feudal e as relacións entre señores e campesiños. Comprende as orixes do Islam e o seu alcance posterior. Explica a importancia da Al-Ándalus na Idade Media. Interpreta mapas que describen os procesos de conquista e repoboación cristiás na Península Ibérica. Explica a importancia do Camiño de Santiago. |
CSC CD CAA CCEC |
|