UDI_6_PLANIFICACION
2º ESO. PMAR ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL. UDI 6
|
PMAR 2º ESO. ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL. UDI 6 |
||||||
|
Obxectivos |
Contidos |
Criterios de avaliación |
Estándares de aprendizaxe |
Competencias clave |
Contidos transversais |
|
|
ÁMBITO LINGÚÍSTICO Coñecemento da lingua. As categorías gramaticais. As normas ortográficas. Suxeito e predicado. |
B H |
Observación, recoñecemento, uso e explicación das categorías gramaticais: substantivo, adxectivo, determinantes, pronomes, adverbio, verbo, preposición, conxunción e interxección. Observación, coñecemento e aplicación progresiva das normas ortográficas que se integran nas situacións de comunicación escrita, regulando e asegurando a fluidez no intercambio comunicativo. Observación, recoñecemento e explicación das relacións que se establecen entre o substantivo e o resto dos compoñentes do grupo nominal. Observación, recoñecemento e explicación das funcións oracionais: suxeito e predicado. |
Aplicar os coñecementos sobre a lingua para resolver problemas de comprensión de textos orais e escritos e para a composición e revisión, progresivamente autónoma, dos textos propios e alleos, utilizando a terminoloxía gramatical necesaria para a explicación dos diversos usos da lingua. Utilizar con corrección as normas que regulan a ortografía nos textos escritos, axustando progresivamente a súa produción en situacións reais de comunicación escrita ás convencións establecidas. Recoñecer no substantivo a palabra nuclear do grupo nominal, identificando todas palabras que o integran. Establecer os límites das oracións nun texto para recoñecer e identificar o suxeito e o predicado, explicando as distintas formas de manifestación do suxeito dentro da oración: o suxeito axente e o suxeito paciente, recoñecendo a ausencia de suxeito noutras. |
Recoñece e identifica as diferentes categorías gramaticais: substantivos, adxectivos, determinantes, pronomes, verbos, adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. Recoñece e corrixe erros de concordancia en textos propios e alleos, aplicando os coñecementos adquiridos sobre as categorías gramaticais e as súas normas de uso. Coñece e utiliza adecuadamente as formas verbais nas súas producións orais ou escritas. Recoñece e corrixe progresivamente erros ortográficos en textos propios e alleos, aplicando os coñecementos adquiridos na mellora progresiva da súa produción escrita. Identifica o núcleo nun grupo nominal e explica a relación que manteñen o resto de palabras do grupo co núcleo: artigo que determina, adxectivo que describe ou precisa ao nome. Recoñece as formas de cualificar a un substantivo nunha frase ou un texto. Observa e reflexiona sobre os límites oracionais, separando as oracións dun texto e distinguindo entre aquelas que só teñen un verbo daqueloutras que, a través doutras palabras relacionantes. |
CCL CD |
|
|
ÁMBITO SOCIAL Uso seguro de internet. Ciberacoso. |
E F G H |
Coñecemento das pautas de actuación para un uso seguro de internet e das redes sociais. Coñecemento das situacións de ciberacoso entre iguais e das normas de prevención deste risco. |
Aplicar con eficacia as pautas de actuación para unha navegación segura por internet e para a xestión e o uso das redes sociais. Tomar conciencia dos riscos do mal uso de internet e previr posibles situacións de ciberacoso.
|
Coñece e aplica con eficacia as pautas que rexen un uso seguro de internet e das redes sociais. Reflexiona e toma conciencia sobre os riscos das novas tecnoloxías e da identidade dixital. Rexeita o ciberacoso e comprométese coa súa prevención no entorno máis próximo. |
CSC CD |
|