Saltar la navegación

Todos os resultados ou Verbatim?

É importante saber que Google emprega por defecto unhas condicións ou algoritmo de procura. Por exemplo:

    • Corrección ortográfica: presenta resultados de palabras que corrixe ortograficamente e non os da palabra incorrectamente escrita, aínda que nos dá a opción para elixir esta última. Si buscamos Labirinto, preséntenos resultados para labirinto.
    • Personalización da procura: ten en conta as páxinas que visitamos ou as procuras que realizamos anteriormente.
    • Sinónimos, familias de palabra e raíces das palabras: emprega termos relacionados coa nosa procura, xa sexa en base ao seu significado, ou porque pertenza a unha mesma familia ou raíz.
    • Omisión de palabras baleiras: Google fai caso omiso de palabras como determinantes ou preposicións que achegan pouco á procura. Nunha frase como Mito do labirinto de Creta, non ten en conta máis que os tres substantivos.

Podemos saltarnos estas condicións que nos impón Google si empregamos a condición verbatim, pero debemos ter en conta que as funcionalidades que nos ofrecen poderían ser moi convenientes para o noso traballo e, por tanto, arriscámonos a perder resultados interesantes.