Unha forma moi frecuente de agrupación en conxuntos consiste na chamada tabulación de datos, por medio de táboas construídas en procesadores de texto ou follas de cálculo. Estas ofrecen as vantaxes de que podemos modificalas facilmente para adaptalas ás necesidades que vaian xurdindo no momento da análise ou posteriormente, pois como viñemos dicindo repetidamente, até o momento da súa redacción final a investigación está aberta sempre a modificacións e mellores. Tamén facilitan a observación das relacións entre os datos, ao presentalos uns a continuación doutros. Desta forma, a presentación en táboas podería permitirnos ver novas relacións e unha maior profundidade no noso traballo.
O Minotauro |
escultura |
pintura |
literatura |
cine |
Antigüidade clásica |
|
|
|
|
Medievo |
|
|
|
|
Renacemento |
|
|
|
|
Barroco |
|
|
|
|
Neoclásico |
|
|
|
|
Moderno |
|
|
|
|
Contemporáneo |
|
|
|
|
Outra forma posible de tabular os datos:
O Minotauro |
escultura |
pintura |
literatura |
cine |
Nacemento |
|
|
|
|
Vida no Labirinto |
|
|
|
|
Morte |
|
|
|
|
Como podes ver, unha parte da orixinalidade do teu traballo pode consistir na túa maneira de tabular os datos, o que terá consecuencias na estrutura do teu traballo e nos aspectos que van destacar
É moi aconsellable, polo tanto, tabular os datos de diferentes formas, para ver cal nos convén máis para o noso traballo, ben porque ofrece unha maior ben pola claridade, novidade, profundidade, etc.