Este apartado da investigación consiste fundamentalmente en desenvolver estratexias de procura de datos e información sobre o tema do noso traballo, como a consulta de enciclopedias xerais e a elaboración de vocabularios de procura. Tales estratexias dependerán principalmente da fonte de información á que recorramos, pois os modos de procura nunha biblioteca de centro, nun catálogo de bibliotecas en liña ou na Rede, por pór algúns exemplos, presentan características moi diferentes que debemos coñecer si desexamos obter resultados concretos, válidos e fiables para a investigación que desexamos realizar.
Todos estes aspectos sobre estratexias de procura de información e outros temas relacionados serán tratados nas Unidades 4, 5 e 6.