Prodúcese cando desexamos inserir no texto as palabras textuais exactas do autor ou autores. Neste caso a cita esixe que se inclúa o número da páxina de onde se obtivo a cita (no caso de que o documento posúa páxinas), ademais do nome do autor e o ano de publicación. Si na cita que incluímos habemos omitido algunha palabra ou frase indícase mediante unha paréntese con puntos suspensivos. Tense en conta si a cita contén menos de 40 palabras ou non.
- Citas literais de ata 40 palabras
a) Podemos inserir a cita indicando previamente o autor e o ano, a continuación o corpo da cita e finalizar co número de páxina entre paréntese.
EXEMPLO
Como dixo Smith (1927): “as masas compórtanse coma se fosen un todo e presentan en ocasións unha cabeza pensante multitudinaria”. (p. 45)
b) Podemos inserir o texto da cita inmediatamente no corpo do texto principal, deixando para o final os datos referenciais:
EXEMPLO
A pesar de todo o que nos dixeron sobre os fenómenos de masas, como que as masas se comportan coma se fosen un todo e presentan en ocasións unha cabeza pensante multitudinaria” (Smith, 1927; p. 45).
- Citas literais de máis de 40 palabras
Neste caso a cita debe separarse sempre do corpo xeral do texto, destacándoo ademais por medio de sangría e cambiando o tamaño da tipografía a un número menor.
a) Indicando previamente o autor e o ano:
EXEMPLO
Despois destas consideracións, imos pór como exemplo as palabras de Smith (1927), que expón:
Conservar é sempre manter intercambios dialóxicos, é nesta participación dialóxica onde se crean novos significados. É posible falar de maneira tal que non se está nunha conservación: neste falar no que non hai dialogo, non existe necesariamente xeracións de significados, senón que pode ser fonolóxico. Cando nos referimos a conversacións, estamos a falar sempre de intercambios. (p.45)
b) Inserindo o texto da cita inmediatamente no corpo do texto principal, deixando para o final os datos referenciais
EXEMPLO
Despois destas consideracións, imos pór como exemplo uno dos pensamentos mais destacados da filosofía occidental moderna:
Conservar é sempre manter intercambios dialóxicos, é nesta participación dialóxica onde se crean novos significados. É posible falar de maneira tal que non se está nunha conservación: neste falar no que non hai dialogo, non existe necesariamente xeracións de significados, senón que pode ser fonolóxico. Cando nos referimos a conversacións, estamos a falar sempre de intercambios. (Smith, 1927; p.45)