Ter claro o tema de investigación é probablemente o factor máis determinante para o éxito ou fracaso dunha investigación. Tamén importa que sexa interesante para nós, o que nos leva a unha primeira diferenciación entre temas suxeridos de forma externa, como aqueles que nos sinalan os docentes, ou aqueles que xorden da nosa propia curiosidade.
Habería que falar tamén daqueles temas que se atopan ao noso alcance e daqueles que non son factibles, ben porque non haxa datos suficientes, ou porque pertenzan a unha esfera moi especializada, etc. Os aspectos referidos ao tema tratarémolos con máis detalle ao longo da Unidade 2.