Saltar la navegación

Consulta dos materiais

A maneira máis simple de conseguir un libro nunha biblioteca é pedíndollelo á bibliotecaria ou bibliotecario responsable, que, sen dúbida, quedará encantada de axudarte en todo o que poida. Os bibliotecarios están precisamente para iso. Como alguén dixo unha vez: 

No tsunami da información, os bibliotecarios ofrecen flotadores e ensinan a nadar.

Sen embargo, os responsables da biblioteca teñen que servir ao conxunto dos usuarios e non podes contar con telos a túa disposición todo o tempo. O ideal sería que ti soubeses como buscar de forma autónoma os recursos que che interesan para a túa investigación. Para iso ímoste ofrecer unhas pautas ou pasos imprescindibles que che permitan manexarte con soltura no inmenso mundo das bibliotecas.

O primeiro paso vai ser saber como a CDU, ou Clasificación Decimal Universal, organiza os fondos bibliográficos das bibliotecas. O vídeo da seguinte sección desta Unidade Didáctica trata precisamente diso.