Saltar la navegación

4. Os catálogos da biblioteca

Os catálogos: mapas para navegar polas bibliotecas

dardos

Grazas aos catálogos poderás:

  • Identificar os códigos da
    CDU polos que están organizados os
    fondos
  • Recuperar facilmente os
    documentos que precisas
  • Realizar procuras no
    catálogo por autor/a, título ou materia.
  • Localizar documentos, en
    función das túas necesidades informativas,
    no catálogo web da biblioteca.

As bibliotecas: un mundo para compartir

 

 

espazo de traballo

 

 

A maioría da xente cando pensa en biblioteca pensa en libros. Aínda que isto é verdade, os libros de hoxe toman diferentes formas, como libros electrónicos (eBooks) e audiolibros. Más que un almacén de libros, as bibliotecas son lugares de información, que ofrecen ás persoas acceso gratuíto a unha gran cantidade de materiais , incluíndo recursos audiovisuais (películas, documentais, música, mapas, software, etc.). Todo aquilo que sirve de información e cultura  ten cabida nunha biblioteca.